Vistas de página en total

viernes, 29 de enero de 2016

XORNADA 14

Este próximo domingo, o noso equipo, desprázase ata a localidade de Sarria onde se enfrontará ó P.E. Prone Lugo F.S. "B".
O filial lugués transita pola parte baixa da taboa, con resultados moi dispares. Axustadísimos exercendo de locais, alí pasárono mal tanto A Pontenova como a A Estrada, e bastante peores facéndoo coma visitantes.
Isto, lévanos a unha única conclusión, relaxación cero, e máximo respeto ó rival.
Recordar que os puntos valen o mesmo independientemente do adversario, e que a diferencia clasificatoria hai que demostrala na pista.
Nesto, poderá dispor xa para este choque da última fichaxe vermella, a que de paso aproveitamos para anunciar.
Tratase de Dani. Xogador natural de Chapela, de 32 anos e formado no fútbol, pero que xa disputou varias tempadas en liga autonómica.
Dende o parón de nadal viña traballando connosco, e finalmente puido levarse a cabo a sua incorporación.
Dani ven a aportar presencia física, dinamismo, disparo e polivalencia. Benvido e sorte Dani¡¡¡.
No apartado de ausencias, as probables de José e Torres por motivos laboráis, e a de Breixo, con molestias físicas.
O encontro  disputarase o domingo no pavillón de O Chanto ás 17:30.

No hay comentarios: