Vistas de página en total

domingo, 7 de febrero de 2016

P.E. PRONE LUGO F.S. "B" 4 - 7 S.D. PAZOS Fútbol Sala

O domingo pasado o conxunto de Nesto foi quen de facer os deberes en Sarria.
Unha victoria "obrigada", dádala situación de ambos contendentes, pero que xustamente por iso soe resultar custosa.
Fixemos un bo encontro en líneas xerais, sobre todo nos dez primeiros minutos, donde apabullamos ós locais con continuas ocasións.
A destacada actuación do porteiro lugués e o noso desatino, fixeron que non anotásemos neses primeiros minutos, e cando xa comezaba aflorar a ansiedade, o gol de Borja encauzou o rumbo.
Un colosal Marcos F., omnipresente en tódalas facetas do xogo, xa non nos deixaría sair del.
O Prone, combativo, non baixou os brazos en ningún momento,e coa táctica de porteiro-xogador en prácticamente todo o segundo periodo, preto anduvo de meternos en problemas.
Finalmente non foi así, e isto permítenos afrontar con confianza tres autenticas finais en Pazos.
Carballiño F.S., A Pontenova F.S., e o 5 Coruña F.S..Veremos do que somos capaces.

P.E. PRONE LUGO F.S. "B": Alexandre - Diego - Costoya(1) - David(1) e José; Adrían, Alvaro(2) e Manuel.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Esteban - Marcos F.(3) - Jonás(1)- Jony e Luis(1); Bizza, Mouso, Torres, Dani, Breixo e Borja(2).

GOLES:
  • 0-1 (min.7) Acción de Borja no pivot, lévase a bola cun túnel de costas ó defensor, e ante o meta escáchaa coa uña.
  • 0-2 (min.16)Acción colectiva, pase atrás de Jonás, e Marcos F. dispara axustado ó pau dende fora da liña de puntos.
  • 0-3 (min.17) Rouba Jonás, parede con Marcos F., que cede ó segundo para que Jonás anote.
  • 1-3 (min.19) Álvaro marca dende a lateral con escaso ángulo no xogo de cinco.
  • 1-4 (min. 22) Elaboración vermella, Jonás, Marcos F. que lla pon a Borja, e este a Luis que empurra a pracer.
  • 1-5 (min.23) Estratexia de corner, asiste Luis a Marcos F. que define só entre as pernas do porteiro.
  • 1-6 (min.24) Estratexia de falta, convirte Marcos F. de lanzamento directo.
  • 2-6 (min.25) Álvaro anota na área pequena tras xogada de cinco.
  • 3-6 (min.28) Corner ó segundo pau,e bolea adentro de David.
  • 3-7 (min.29) Marcos F. dalla a Borja en profundidade, e este bate ó porteiro de tiro cruzado.
  • 4-7 (min.31) Chut lonxano de Costoya que se vai ó pau, rebota en Bizza e entra.

No hay comentarios: