Vistas de página en total

lunes, 15 de febrero de 2016

S.D. PAZOS Fútbol Sala 4 - 1 CARBALLIÑO F.S.

O mercores pasado disputamos o encontro contra o Carballiño F.S. aprazado no seu día polo mal estado que presentaba o terreo de xogo.
Nesta ocasión si se puido levar a cabo, pero as condicións climatolóxicas voltaron facer acto de presenza. A pista estaba aceptable para o comezo do choque, pero co transcorrer dos minutos, a humidade instalouse nela, facendo moi difícil a prática normal do fútbol sala.
Nos saimos moi mentalizados do que nos xogabamos, e como en Lugo, fixemos uns moi bos primeiros minutos. Decantámola balanza ahí, e despois preocupámonos de manter o control e non cometer erros.
Esteban, con catro intervencencions prodixiosas ó longo do partido, permitou que nunca chegaramos a pasar apuros.
Con este triunfo, continuamos líderes en solitario, disfrutando desta posición, pero sen mirar mais aló.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Esteban - Marcos F. - José - Jony(1) e Luis(2); Bizza, Torres, Mouso, Jonas(1), Dani, Breixo e Borja.
CARBALLIÑO F.S.: Jonatan - Daniel(1) - David - Aitor e Alvaro; Alejandro, Ignacio, Javier e Iván.

GOLES:
  • 1-0 (min.4) Rouba Marcos F. na presión, parede con Luis, e ante o porteiro asiste atrás ó dez que anota.
  • 2-0 (min.5) Jonas rouba e vaise polo centro nun 3x2, amaga pase, e dende fora da área finaliza el mesmo coa punteira.
  • 3-0 (min.21) Elaboración vermella que materializa Jony de primeiras co interior.
  • 4-0 (min.24) Paralela entre Luis e Jony, que deixa ó primeiro só diante do porteiro para que o bata por entre as pernas.
  • 4-1 (min.39) Relaxación defensiva nun balón en longo, e Daniel fusila a Esteban tras quebrar a Torres que esbara.

No hay comentarios: