Páginas vistas en total

lunes, 7 de marzo de 2016

S.D. PAZOS Fútbol Sala 9 - 0 VILALBA F.S.

A S.D. Pazos impúxose con solvencia este pasado sábado ó Vilalaba F.S..
Os pupilos de Nesto, a pesar de que non entraron ben de todo ó encontro, Esteban tivo que intervir en duas ocasións e un tiro ó poste, deron conta dun rival que se xogaba a vida.
O primeiro gol tocou ó Vilalba, e os dous seguintes remataron de afundilos. O demaís, xa sería ir a favor da corrente.
A pesar da sua clasificación e do marcador, decir que o Vilalba non foi nin de lonxe o peor equipo que pasou por Pazos. Deron a cara, nunca se deixaron ir, e contribuiron a que os nosos se empregaran todo o partido.
Continuamos líderes, afrontando o arreón final sabendo que ninguén vai a regalar nada.
 
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Esteban - Marcos F. - Jonas - Breixo e Borja(1); Bizza, Mouso, Torres, Dani(3), Jony(3)e Luis(2).
VILALBA F.S. : Santi - Ivan - Sergio - Rodrigo e Paulo; Luis, José, Diego, Antón, Felipe, Martín, Marcos Vinicios.
 
GOLES:
  • 1-0 (min.9) Amago de Jony ó defensor no borde da área, e zurdazo raso que se vai adentro.
  • 2-0 (min.10) Luis clava cun quebro ó seu par, e punteirazo cruzado coa esquerda.
  • 3-0 (min.11) Luis rouba na presión e fusila ó gardameta.
  • 4-0 (min.16) Parede Jony con Dani, e pase atrás do primeiro para que remate ó segundo.
  • 5-0 (min18.) Disparo exterior de Mouso, e o rexeite do porteiro materializao Dani.
  • 6-0 (min.23) Xogada individual de Luis en banda, e pase ó interior da área que aproveita Borja.
  • 7-0 (min.30) Despexa un defensa visitante, e Dani logra cortar metendo a bola na rede.
  • 8-0 (min.36) Luis vaise en velocidade e asiste ó segundo a Jony, que anota chegando dende atrás.
  • 9-0 (min.37) Jony apreta a saida de balón na área pequena, faise coa bola, e dispara rápido.

No hay comentarios: