Vistas de página en total

domingo, 8 de mayo de 2016

FASE FINAL I COPA F.G.F. TERCEIRA DIVISIÓN FÚTBOL SALA

A S.D. Pazos Fútbol Sala alzouse este pasado fin de semana coa I Copa F.G.F. da terceira división, acadando así un título que, xunto co de liga, fan un doblete histórico para o noso club.
Os vermellos renderon a gran nivel neste torneo, tendo moi claro cal era o obxetivo, e amosando solvencia ante calquer situación nos dous choques que disputaron.
Todo o grupo sen excepción, asumiu e cumpliu ben co seu papel, e aínda que as individualidades soen ser as que marcan a diferencia, o EQUIPO, primou por encima do resto.
O sábado pola tarde, con ambientazo no pavillón do Restollal, nas semifinais, enfrontámonos ó anfitrión, o Santiago Futsal "B". O encontro foi espectacular, un duelo vibrante, con tensión, alternativas, e  emoción ata o final.
Por sorte, e un traballo descomunal , seríamos nós, os que pasariamos de rolda.
Na mañá do domingo, disputouse a final, donde nos agardaba o 5 Coruña F.S., e aquí, si que non demos opción.
Os nosos fixeron bo o cartel que os sinalaba como "favoritos", e con vinte minutos perfectos, finiquitaron a final. A pesar de que o coraxudo equipo coruñés o tentou todo no segundo tempo co porteiro-xogador, non houbo lugar á réplica.
Tras este novo éxito, queda o reto mais compricado, que non é outro que tentar gañar o play-off de ascenso á segunda división B.
O rival, e as datas dos dous enfrontamentos, darémolas nas próximas horas cando todo esté confirmado. De momento, seguir saboreando unha tempada inesquecible.

SEMIFINAL:

SANTIAGO FUTSAL "B" 3: Sergio - Richi - Diego - Dani Quintela(1) e Julio; Quique, Alberto, Isma, Antonio e Xabier(2).
S.D. PAZOS Fútbol Sala 4: Bizza - Marco F.(2) - Jonas(1) - Jony e Luis(1); Esteban, Mouso, Breixo e Borja.

GOLES:
  • 1-0 (min.4) Perda en defensa ante a presión dos santiagueses, detén Bizza en primeira instancia, pero Xabier aproveita o rexeite.
  • 2-0 (min.6) Cotragolpe 2x1, bola ó segundo pau, e Xabier marca en semi-erro.
  • 2-1 (min.14) Luis combina con Breixo, deixada deste cara Jonas, e tremenda punteira deste que se clava na escadra.
  • 2-2 (min.19) Roubo na presión, bola para Marco F., que caracolea e bate ó porteiro na sua saida por entre as pernas.
  • 2-3 (min.28) Estratexia de corner, e o centro-chut de Marcos F. roza na cabeza dun defensa e vaise adentro.
  • 3-3 (min.35) Perfecta estratexia de corner que empurra D. Quintela.
  • 3-4 (min.36) Contra de Luis e Jony con varias paredes, pase da morte do dez para o dous, anticípase un defensa, pero Luis colle o rexeite para metelo na rede.
Resumo: Santiago saiu a por todas nos primeiros dez minutos, e vaia se o fixo. Presión agresiva e asfixiante que maniatou ós nosos, e dous a cero no marcador. A partir de ahí, punto e aparte. Os de Pazos, cunha paciencia pouco habitual, foron facéndose donos do partido, ata finalmente conseguir darlle a volta.
Os locais, nun arreón final lograrían empatar, aínda que pouco lles duraría a ledicia. Un contragolpe elaborado marca da casa, metianos na final.

FINAL:

5 CORUÑA F.S. 1: Oscar - Xian - Andrés - Pastur e Carreira; Mauro, Jesús, Iván, Juan(1) e Pablo.
S.D. PAZOS Fútbol Sala 7: Bizza - Mouso - Jonas(1) - Jony(2) e Luis (2); Esteban(1), Marcos F., Breixo e Borja(1).

GOLES:
  • 1-0 (min.4) Tiro exterior de Luis que despexa o porteiro, e rexeite para Jonas que a pon con clase lonxe do alcance deste.
  • 2-0 (min.7) Espectacular xogada individual de Jonas chea de amagos ós defensores, asistencia ó interior da área para Borja, e o doce, revéntaa coa punteira contra o longueiro e adentro.
  • 3-0 (min.8) Slalom por banda de Marcos F. tras roubar, e pase da morte á Luis que marca.
  • 4-0 (min.14) Estratexia de banda e trallazo raso de Jony que non consegue sacar o meta.
  • 5-0 (min.16) Jony vaise en velocidade, apoiase en Borja no pivot, devolución, e finalización do dous entre as pernas do porteiro.
  • 6-0 (min.33) Xogada colectiva que parte en Esteban, Breixo da pausa agardando a Marcos F, este filtra interior a Luis, e finalización cruzada deste. 
  • 6-1 (min.36) Despiste defensivo ante o xogo de cinco visitante, e Juan remata só no segundo pau.
  • 7-1 (min.38) GOLAZO por alto de Esteban dende a sua área.
Resumo: Final de nota a realizada polos de Nesto. Imposible destacar a ninguén, por que o equipo foi unha orquesta afinada.
Saimos a gañar, e coa clara intención de non dar concesións, e todo saiu a pedir de boca.
Manexamos ben tódolos rexistros, e convertemos nun pesadelo o partido para os rivais. Boa presión, elaboración fluida, estratexia, pegada...cero a cinco ó descanso, e todo visto para sentencia.
Coñecemos e respetamos moito ó rival, e tal vez esa foi a chave para mostrar tal grado de concentración.
O 5 Coruña sempre nos pon en moitos apuros, e por iso, incluso a pesar do favorable que se ía pondo o marcador, non baixamos un ápice a intensidade.
O seu xogo de cinco en todo o segundo tempo, en parte para cortar a hemorraxia, en parte para meterse  no choque, tampouco podería cos nosos, que incluso tamén se imporían neste periodo.
Esteban, cun auténtico golazo dende o seu campo, pechaba un fin de semana de ensoño para os de Pazos.



No hay comentarios: