Vistas de página en total

martes, 13 de septiembre de 2016

ENTREVISTA

ESTEBAN
Hoxe traémosvos unha entrevista a un dos nosos xogadores referencia, Esteban, quen tras dous anos lonxe da disciplina vermella, regrasaba ó club a tempada pasada.

P: ¿Como te sentiche, e que diferencias atopache no club,si é que as houbo, con respeto ó pasado?.
R: O certo é que voltar ó equipo no que te formaches é especial, xa que sempre se ten un cariño moi grande polo club que te fixo xogador. É único volver a xogar en Pazos.
En canto ós cambios, a esencia do club continua sendo a mesma, saber competir.
Ser un grupo unido, con deportividade, e coa mente posta en traballar duro nos entrenos, que é a fórmula para acadar os bos resultados.
Si cambiou a estructura, con mais xente ó caron do club. Definíronse as parcelas, e repartíronse as tarefas, formando unha base moito mais sólida.

P: O doblete acadado fai uns meses semellaba impensable ó comezo. ¿Cal ou cales, crees que foron as claves do éxito?.
R: Certamente a tempada pasada antóllase inesquecible, dado que o plantel era bastante xusto.
Penso que o éxito residíu na unión do vestiario, que en todo momento se mantivo como unha autentica piña, e por suposto no que xa mencionei, traballar duro en cada entreno.

P: ¿Como ves a tempada que se presenta, e que obxetivos te marcas tanto no plano individual, coma colectivo?.
R: Esta tempada preséntase se cabe mais competida ca pasada.
Temos a sorte de contar nesta liga con grandes clubs como poden ser a A Estrada, A Pontenova, ou o Ribeira, sen menospreciar a ningun dos outros, cos que calquer despiste che custa unha derrota, polo que resultará difïcil estar enganchado ós postos de cabeza.
Nós, tentaremos competir cada partido, e faremos o posible por estar na pelexa por eses postos.
No plano individual sería bonito poder xogar, pois a competencia é moi dura, e tentar acadar o menos goleado ó final da campaña, o que acreditaría o bo facer dos nosos porteiros, e da nosa labor na parcela defensiva.

P: ¿Que opinas do plantel confeccinado para este ano?.
R: Penso que as incorporacións de este ano conseguiron mellorar a calidade do equipo, o que nos permitirá ter un mellor trato de balón, e maior fondo de armario para poder presionar ó rival durante mais tempo. O ano anterior, foi algo que votamos de menos en determinadas ocasións.

P: Ti e Bizza, compartides porteria coma en tantas outras ocasións anteriores. ¿Que tal levades esa competencia, e como o ves a el como porteiro?.
R:  O certo é que compartir portería con Bizza, ademais de ser unha honra, resulta tamén moi sinxelo.
A competencia que existe entre dous compañeiros de vestiario como nos, sirve para que ámbolos dous melloremos o noso nivel en cada entreno.
Dende a miña humilde opinión, e sen desmerecer o gran nivel de porteiros que existe na terceira división, como pode ser o caso de Cesar da Pontenova, Sergio de Santiago, etc...Nós, temos a sorte de poder contar con Bizza, que para min é un dos mellores desta categoría.
P: ¿Tes algún referente ou  ídolo?.
R: O meu ídolo sempre foi Jesús Clavería, sen dúbida, un antes e un despois no futsal español. Por suposto, tendo en conta tamén que despois del viñeron moitos grandes, como Luis Amado, ou actualmente outro porteiro que me encanta, Paco Sedano.

P: ¿Cal pensas que é a tua maior virtude baixo os paus?.
R: Creo que virtudes teño poucas, tal vez por decir algo, pode ser a calma que transmito ós compañeiros, incluso cando os partidos transcorren por momentos complicados.
Para finalizar, o noso cancerbeiro deixanos este mensaxe para a afición. "pedirvos que sigades apoiando ó equipo como fixestes estas últimas tempadas, xa que sen vos isto é imposible" "entre todos temos que seguir afianzando os cimentos do club, tendo moi presentes as categorías base,
 que é onde está o futuro".

No hay comentarios: