Vistas de página en total

miércoles, 21 de septiembre de 2016

RIBEIRA F.S. 4 - 6 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Si tivésemos que porlle un título ó encontro do pasado sábado, este ben podería ser o seguinte: A vida segue igual.
Partido difícil, contra un rival de calidade, e no que houbo que pelexar ata o final para acadar os tres puntos.
A sensación que transmitiu o equipo  foi semellante a de meses atrás. Solidaridade e traballo por parte de todos, momentos moi bos e outros non tanto, e efectividade ante a marco contrario.
Os tempos do encontro repartíronse para cada un. Sendo nós probablemente superiores no primeiro, para pasar a ser inferiores no segundo.
Aprobado xeral para os vermellos neste primer envite da tempada, pero que deixa ás claras, que queda moito por mellorar.
O MELLOR: No plano individual, un segurísimo Esteban baixo paus con paradas de mérito, e un Marcos F. inconmensurable en tódalas facetas do xogo. A nivel equipo, que mantemos a dinámica gañadora.
O PEOR: Eses minutos de "pájara" xeral nos que non damos pé con bola, e que poñen en risco calquer partido.

RIBEIRA F.S.: Juan - Francisco - Marcos- Quintela(1) e Lobeiras; Pablo, Jairo(2), Javier, Alberto(1), Gago e Carlos.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Esteban - Marcos F.(1) - Jonas - Luis(3) e Borja; Bizza, José, Jony, Breixo(2) e Diego.

GOLES:
  • 0-1 (min.3) 3 para 2 en área rival, Borja para Jonas, que lla deixa a Luis co calcaño, e este métea na rede coa esquerda.
  • 0-2 (min.4) pase en longo por alto de Marcos F. cara Luis que gaña liña de fondo, pona no segundo, e Breixo aparece coma un tiro dende atrás para anotar.
  • 1-2 (min.8) contragolpe visitante, despiste defensivo, e punteirazo exterior de Alberto que pasa entre as pernas de Esteban.
  • 2-2 (min.17) Luis perde a bola ante a presión local, e dous para un con Esteban que nada pode facer.
  • 2-3 (min.18) Rouba Luis, vaise, e asiste ó segundo de novo a Breixo que acompaña a acción e anota a pracer.
  • 2-4 (min.19) José faise coa bola en media pista, xoga en profundidade cara Luis, que recibe, e bate ó meta de latigazo cruzado.
  • 2-5 (min.24) Pase diagonal elevado de Jonas a Marcos F, que marca de bolea cruzada coa esquerda.
  • 3-5 (min.37) elaboración no xogo de cinco local, e gol de Jairo ante un vendido Esteban.
  • 4-5 (min.37) Acción prácticamente calcada á anterior, peor defendida se cabe, idéntico desenlace.
  • 4-6 (min.38) Marcos F. con Jonas, pase cara Luis que se vai en velocidade cara o porteiro, uña, longueiro, adentro.

No hay comentarios: