Vistas de página en total

miércoles, 5 de octubre de 2016

SANTIAGO FUTSAL "B" 2 - 2 S.D. PAZOS Fútbol Sala

A S.D. Pazos só puido traer un punto da sua visita ó Restollal de Santiago.
Empate que deixa insatisfeitos ós de Nesto, pois se ben en canto ó control do xogo o encontro puido resultar parello, non o foi para nada en canto ás ocasións.
Malogramos varias moi claras, atopándonos coa sobresainte actuación do meta local, e destacando catro tiros ó pau.
No primer tempo, a diferencia marcouna a efectividade.
Os locais, aproveitaron a perfección dous erros de bulto vermellos en defensa, para porse dous goles por riba, mentras que os nosos, batían contra os ferros da porteria. Eloy por duas veces, longueiro e pau, e Luis unha, contra a cruceta tras despexar o meta.
Por sorte, antes do descanso logramos meternos de cheo no partido.
O segundo periodo foi de acoso visitante, ainda que os da casa defendíanse ben, e tamén terían algunha á contra.
Debemos empatar antes do que o fixemos, sobre todo en duas accións de Borja e Lito.
O primeiro, cun chut que se foi a rentes do pau logo dun paradón do porteiro, e o segundo, cun remate ó poste no que xa se cantaba o gol nas gradas.
A tres minutos do final, o xogo de cinco daríanos a merecida igualada.
O MELLOR: A entrega e ansia de todos por conseguir a victoria.
O PEOR: Os grotescos erros defensivos que concedemos as veces.

SANTIAGO FUTSAL "B": Felipe - Ricardo - Iago(1) - Alejandro e Xabier, Antonio, Diego, Rafael, Igor, Miguel e Brian(1).
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Esteban - Eloy - Jony - Luis(2) e Breixo; Bizza, Marcos F., José, Lito, Diego e Borja.

GOLES:
  • 1-0 (min.9) Rápida combinación local fatal defendida, e dous para un contra Esteban que empurra Iago.
  • 2-0 (min.10) Novo erro en defensa, e gran gol de Brian que a pon na escadra.
  • 2-1 (min.19) Contragolpe, asiste Jony, define Luis ante a saida do porteiro.
  • 2-2 (min.37) Punteirazo cruzado exterior de Luis, que entra tras dar no pau.


No hay comentarios: