Vistas de página en total

jueves, 3 de noviembre de 2016

C.P. CASÁS 1 - 7 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Este pasado sábado a S.D. Pazos conseguía unha cómoda victoria ante o C.P. Casás.
O encontro estivo practicamente controlado en todo momento polos vermellos, ainda que no primer tempo pasáronse mais apuros dos que reflexaba o marcador ó descanso.
Bizza con tres grandes intervencións, algún poste, e un postreiro gol, permitíronnos ir á caseta co encontro moi encarrilado.
No segundo fomos mais regulares, e o dominio traduciuse en goles. A concentración foi a tónica, conseguindo incluso non pasar apuros nos momentos que eles optaron polo porteiro-xogador.
Esixíamos que se ofrecera algo mais en canto a xogo, ou a lo menos intentalo, e parece que calou a mensaxe. O equipo amosouse capaz, e só queda agardar a que siga progresando.
O MELLOR: A predisposición de todos por facer as cousas ben.
O PEOR: Seguimos tendo minutos nos que nos esvaecemos da pista.

C.P. CASÁS: Carlos - Fabián - Julio Alberto(1) - Rafael e Ignacio, Alexandre, Iván, Pablo, Diego, Felix e Christian.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Marcos F. (1) - Jonas - Lito(2) e Jony(1); Esteban, Eloy, Breixo(1) e Luis (2).

GOLES:
  • 0-1 (min.2) Estratexia de corner que Lito converte cun tiro cruzado raso.
  • 0-2 (min.12) Acción individual de Marcos F. que quebra ó seu defensor e bate por baixo ó porteiro.
  • 0-3 (min.20) Saida de presión na que Jonas ve o espazo gañado por Breixo, ponlla no pé, e este, asiste a Jony para que empurre só no segundo pau.
  • 0-4 (min.21) Luis rouba en primeira liña, recurta, e fusila ó porteiro de punteira.
  • 0-5 (min.23) Luis combina con Lito que gaña a banda, control, e pase ó segundo para que Breixo anote libre de marca.
  • 0-6 (min.34) Corte de Bizza nun ataque visitante, entrégalla a Lito que se vai por banda, e marca ante o porteiro-xogador polo pau longo.
  • 1-6 (min.35) Disparo exterior de Julio que roza nun dos nosos e colle despistado a Bizza.
  • 1-7 (min.37) Luis vaise da sua marca e anota de vaselina ante a saida do porteiro.
* Este pŕoximo fin de semana a S.D. Pazos Fútbol Sala cumpre xornada de descanso, polo que o vindeiro encontro será o 12 de novembro.




No hay comentarios: