Vistas de página en total

miércoles, 16 de noviembre de 2016

S.D. PAZOS Fútbol Sala 8 - 6 SALA OURENSE

S.D. Pazos Fútbol Sala e Sala Ourense ofreceron un digno espectáculo na tarde do domingo no municipal.
Nun pavillón que rexistrou unha gran entrada, locais e ourensás expuxeron os seus argumentos dando lugar a un choque vibrante. Houbo emoción, entrega, algo de polémica a pesar da deportividade, boas accións individuais, paradóns, algún que outro erro de bulto, golazos...
Comezamos cun afortunado gol, concedemos tres case nun minuto, e despois a tirar de heróica.
O partido puido irse neses primeiros minutos, pois o equipo tralo terceiro gol que se "comeu" Esteban parecía morto.
O cancerbeiro refíxose ó grande, e con duas intervencións prodixiosas noutros tantos mans a mans, alentounos a unha posible remontada.
Así sería, Jonas, o francotirador do Pazos, conseguiría as taboas na sua especialidade, e unha vez ahí, os vermellos xa non deixarían fuxir o encontro.
A igualdade mantívose en todo o segundo tempo, con ocasións para ambos, postes para nos, e Esteban en modo parede. O acerto de cara gol volveu marcar a diferencia.
Houbo que dalo todo, e por parte de TODOS, que é a única maneira de poder gañarlle a equipos deste nivel.
Como dixemos na previa, os tres puntos ainda que moi importantes, non deciden nada. Queda moito camiño por percorrer.
O MELLOR: O ambientazo que volveu a rexistrar "Anfield" e que o equipo continua mellorando no seu xogo, en coraxe non se pode pedir mais.
O PEOR: Os erros individuais en defensa e ataque.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Esteban - Marcos F. - Jonas(2) - Jony(1) e Luis(2); Bizza, Torres, José, Eloy, Lito e Breixo(1).
SALA OURENSE: Ruben - Allariz(1) - Fente - Tizón(3) e Diego(2)(1p.p.); Dario, Raul Rivero, Guerra, Higua(1p.p), Rodrigo e Araujo.

GOLES:
  • 1-0 (min.1) Pase interior de Jonas que bate en Diego, no pau, e remata na rede.
  • 1-1 (min.1) Jonas perde a sua marca, e pase ó segundo pau que remacha Diego.
  • 1-2 (min.2) Diego marca logo de interceptar un intento de pase de Jonas sobre Esteban.
  • 1-3 (min.4) Falta directa que executa Tizón ante un desafortunado Esteban.
  • 2-3 (min.11) Espectacular lanzamento de falta de Jonas que a pon na escadra por fora da barreira.
  • 3-3 (min.22) Jonas de penalti inapelable  pola escadra.
  • 4-3 (min.24) Rouba Breixo en media pista, bola para Luis que se vai en velocidade, e bate por entre as pernas do porteiro no man a man.
  • 4-4 (min.25) Tizón aprobeita un pase interior en superioridade 4x3.
  • 5-4 (min.30) Superioridade 4x3  para os nosos, tiro de Marco F. repele o meta, e o rexeite convirteo Breixo.
  • 5-5 (min.31) Allariz libre de marca recollendo un despexe de Esteban.
  • 6-5 (min.32) Espectacular acción de Jony, que se vai do defensor cunha bicicleta, e marca cun latigazo raso coa zurda, GOLAZO¡.
  • 7-5 (min.36) Jony saca directo un corner, o balón da en Higua e vaise adentro.
  • 8-5 (min.38) Luis rouba no xogo de cinco rival, vaise do contrario cun tunel, e anota a pracer.
  • 8-6 (min.39) Tizón marca de dobre penalti.

No hay comentarios: