Vistas de página en total

jueves, 2 de febrero de 2017

S.D. PAZOS Fútbol Sala 6 - 2 SANTIAGO FUTSAL "B"

Como fixera a semana pasada en Carballiño, a S.D. Pazos volveu a mostrarse como un bloque sólido, acadando unha nova victoria esta vez ante o Santiago Futsal "B".
O equipo foi ambicioso, indo a polo choque dende o minuto un, e ainda que o filial santiagués competiu como en el soe ser habitual, non puido co maior oficio dos vermellos.
O MELLOR: A clara melloría de xogo que ogallá se manteña, e o bo nivel de tódolos xogadores.
O PEOR: O agasallo en forma de falta a tres segundos do final do primeiro tempo en campo contrario, e que supuxo o segundo gol dos santiagueses dende o dobre-penalti.

S.D. PAZOS Futbol Sala: Bizza - Marcos F. - Jony(3) - Luis(1) e Breixo; Dani, Esteban, Eloy(1), Jonas, Lito(1) e Borja.
SANTIAGO FUTSAL "B": Diego - Ricardo(1) - Rafael - Xavier e Gonzalo; Yago, Alejandro, Igor, Miguel, Iago M., Brian(1) e Iago F.

GOLES:

  • 1-0 (min.1) Rouba Luis na presión, e bola para Jony que bate por baixo tras sortear a un rival.
  • 1-1 (min.8) Falta directa de Brian que entra logo de bater no talón de Lito.
  • 1-1 (min.9) Lito faise cunha bola en media pista, avanza polo medio nun 3x2, e  finaliza el mesmo de latigazo raso.
  • 3-1 (min.15) Borja gana a banda, e medida asistencia ó segundo pau que empurra Eloy.
  • 4-1 (min.17) Lito vaise por banda, e pase da morte que finaliza Jony de primeiras coa esquerda.
  • 4-2 (min.19) Dobre-penalti que executa Ricardo e que Bizza non atina a despexar.
  • 5-2 (min. 23) Marcos F. rouba na presión, e asiste a Luis que anota de espectacular taconazo.
  • 6-2 (min.34) Lito para Breixo ó segundo pau, e pase deste cara atrás para que Jony marque entre as pernas do porteiro.

No hay comentarios: