Vistas de página en total

domingo, 28 de mayo de 2017

S.D. PAZOS Fútbol Sala 5 - 6 CDE CIUDAD DE MÓSTOLES FÚTBOL SALA

Por segunda tempada consecutiva, a S.D. Pazos quedouse ás portas do ascenso a 2ª división B, esta vez, evitouno un fantástico Ciudad de Móstoles.
Os madrileños, mostraron unha solidez envexable, manexando con solvencia prácticamente tódalas facetas do xogo. Físicos, con calidade,  disciplinados tácticamente..., e sobre todo, cun aplomo impropio da xuventude do seu plantel.
Co factor sorte tamén ó seu carón en momentos puntuais, non queda outra que recoñecer a sua superioridade no computo global da eliminatoria.
Felicitalos polo merecido ascenso, e desexarlle moita sorte no futuro, co demostrado estes días, nin sequera a necesitarán moito, NORABOA¡.
En canto ó partido, os nosos, sairon coa intención de non volverse tolos en busca da remontada, peros ós dous minutos, o plantexamento caía por terra.
Revivimos pantasmas pasados, e nunha desafortunadísima acción o marcador xa se puña na nosa contra.
Encaixamos o golpe como puidemos , e ainda que tentamos ir arriba, eles superaban a nosa liña de presión cunha facilidade pasmosa. Para mais inri, un erro defensivo nunha contra, desembocaría no 0-2, complicando todavía mais as cousas.
Por orgullo e garra non ia ser, e seguimos tentandoo a pesar de que o xogo non era o mellor.
A falta de cinco minutos para o descanso, un pase de Jony, aprobeitaríao Luis, para marcar e meternos de cheo no encontro.
Sería un espellismo, xa que nos intres finais, unha xogada rodeada de polémica, concedíalle maior ventaxa ós visitantes.
Quedaba para o segundo tempo buscar o "machadón", pero pouco duraría a ilusión.
Primer minuto, mala toma de decisións, 1-4, e a 2ª B que fuxía irremediablemente de Pazos.
O choque íase esbaecendo, e con dez minutos por xogarse, Nesto, opta por tentar avivalo introducindo a figura do porteiro-xogador.
Por ahí atopamos algo de endebleza nos madrileños, e fomos recortando ventaxa ata o definitivo 5-6. Sen tempo para mais, os azuis, convertíanse en novo equipo de 2ª B.
Quédanos a espiña de ver como respiraban se houbesemos sido quen nalgún momento da contenda, de igualar, ou comprimir a eliminatoria, pero iso xa nunca o saberemos, nin aporta absolutamente nada.
O MELLOR: sen dúbida "ANFIELD", esgótanse os calificativos para definir o estado que presentaba o noso pavillon. Repleto, tinguido de vermello, e cunha afición entregada pero respetuosa co rival. Que decir das nosas bases, tan participativas e metidas no partido como os actores principais. Dar GRAZAS de corazón a TODOS/AS polo apoio, non hai mellor premio para o noso club que iso.
O PEOR: Non poder devolverlle á afición algo de todo o recibido, pero o deporte ten estas cousas. O rival tamén xoga, e sen que sirva de consolo, a lo menos neste caso faino moi ben.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Marcos F. - Jonas - Lito(1) e Jony(2); Esteban, José, Eloy(1), Breixo, Luis(1), Diego e Borja.
CDE CIUDAD DE MÓSTOLES FÚTBOL SALA: Josemi - Antonio(1) - Jorge - Miguel(1) e Raúl(1); Adrián, Carlos L., Javier(1), Andrés, Carlos M.(2), Carlos G. e Marcos.

GOLES:

  • 0-1 (min.2) Disparo sen aparente perigo que se envenena tras bater en Jonas colándose entre as pernas de Bizza.
  • 0-2 (min.14) Balón ó segundo pau que remacha Antonio tras gañarlle as costas a Diego.
  • 1-2 (min.16) Luis recibe de Jony na frontal, quebra ó seu par, e marca de tiro cruzado.
  • 1-3 (min.18) Bola que lle rouban a Marcos F. de último home nunha mais que posible falta, e gol de Carlos M. que bate a Bizza no man a man.
  • 1-4 (min.21) Saque rápido de Bizza sobre Lito que perde en media pista, contragolpe ante unha feble defensa, e finalización por baixo.
  • 2-4 (min.33) Chut exterior de Luis que queda morto na área pequena logo de dar na man dun contrario, e Lito aprobeitao para metelo na rede.
  • 2-5 (min.35) Contragolpe tras varios rebotes, e un para un con Bizza de Carlos M. que volve a gañar a partida.
  • 3-5 (min.37) Tiro exterior de Eloy en xogo de cinco que pega en Jony e se vai adentro.
  • 3-6 (min.39) Disparo exterior raso que se "come" Bizza mal colocado.
  • 4-6 (min.39) Perfecta elaboración en xogo de cinco, asiste Borja, empurra Jony.
  • 5-6 (min.39) Bo tiro raso exterior de Eloy exercendo de porteiro-xogador.
*Nos próximos días, faremos un resumo do que foi a recén rematada tempada 2016/17.

No hay comentarios: