Vistas de página en total

miércoles, 25 de octubre de 2017

SALA OURENSE 3 - 2 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Segunda derrota no que vai de tempada para a S.D. Pazos, pero esta vez, que deixa un sabor de boca distinto ó que deixou a outra.
O equipo saiu a gañar nunha das pistas mais difíciles da categoría, vivíu en campo contrario, e morreu alí tamén.
Partidazo entre dous rivais que se coñecen, se respetan, e que ofreceron emoción ata o derradeiro segundo.
Adiantáronse cedo os locais, no seu primeiro disparo á porta. Acto seguido, respostaría Luis, cun voleón que repelía o longueiro.
Os de Pazos buscaban a igualada, e Vidal, na sua mellor actuación de vermello, conseguiríaa en xogada persoal.
Non duraría moito a ledicia, pois un balón que perdía Luis tentando iniciar xogada, remataba na rede de Bizza, cun disparo de Araujo dende a lateral.
Outra vez a polas taboas, con variedade no xogo, e indo a por un rival que se defendía con eficacia.
Desaproveitamos moitas, e nun rexeite desgraciado logo de cortar Kuka, quen substituira a Bizza con molestias nun ombreiro, o Ourense facía o terceiro.
3-1 ó descanso, un resultado inxusto ó noso parecer, e que non reflexa os méritos de uns e outros, pero e que isto non vai de xustiza. Vai de metela na portería, e tal vez esaxerando un pouco, os ourensás tiraron cinco tiros a porta. Tres goles, unha boa intervención de Bizza, e un longueiro. Os nosos por contra, un longueiro, un pau, disparos a rentes deste, unha de Pablo que salva Allariz sobre a liña, algún paradón de Rubén... e ahí estivo a diferencia.
No segundo tempo, continuamos confiando na rementoda. É mais, cando nun dos incontables desbordes de Alexis, chegaba o 3-2, empurrando Jony, a sua asistencia ó segundo pau.
Non sería posible, e incluso parece ilóxico que o resultado rematase así, porque houbo ocasións a moreas para ambos.
Kuka mantivo vivas as nosas ilusións, con tres paradóns impresionantes, e os postes tamén nos axudaron, mentras continuabamos a coleccionar uiiis¡ ata o final.

SALA OURENSE: Rubén - Allariz - David - Guerra(1) e Araujo(1); Alejandro, Raúl Rivero(1), Martín, Higua, Daniel, Sergio e Alvaro.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Eloy - Jose - Jony(1) e Luis; Kuka, Pablo, Jonas, Alexis e Vidal(1).

GOLES:

  • 1-0 (min.2) Bola que lle queda a Guerra ó borde da area, e coa esquerda, bate a Bizza por alto.
  • 1-1 (min.7) Acción individual de Vidal, que quebra ó seu par, e anota cun chut raso.
  • 2-1 (min.9) Pase sobre Araujo que bate a Bizza polo pau longo.
  • 3-1 (min.17) Kuka intercepta unha bola que queda rexeitada ós pes de Raúl Rivero, que marca a pesar da oposición de Vidal.
  • 3-2 (min.30) Alexis vaise por banda, e pona no segundo pau onde remacha Jony.

No hay comentarios: