Vistas de página en total

miércoles, 29 de noviembre de 2017

S.D. PAZOS Fútbol Sala 4 - 4 SUPERTI A PONTENOVA F.S.

A S.D. Pazos aléxase prácticamente de xeito definitivo de calquer posibilidade de revalidar o título ligueiro. O empate colleitado este sábado na casa ante un mermado Superti a Pontenova, deixa ó líder, Sala Ourense, xa a oito puntos de distancia.
O equipo foi un querer e non poder, nervioso, ansioso, descentrado, e moi desafortunado tanto en ataque como en defensa. Desaproveitou ocasións moi claras, e colaborou activamente en tres dos catro goles do rival. Así é moi difícil.
O Superti, con baixas importantes, tivo moi claro o seu plan dende o comezo, tentar que se xogara pouco, e aproveitar calquer opción que se presentase. Non lle foi nada mal.
Nós saimos á pista totalmente perdidos, e nun pase sen presión en medio campo, roubo, contra, e gol; algo que por desgraza, xa se leva visto moito este ano.
Volta a tirar de orgullo, e mal que ben, conseguímos darlle a volta ó resultado antes de ir ós vestiarios.
Ó regreso, desperdiciamos unha clara, para ver como un punteirazo á área nun saque de banda, se transformaba no 2-2. Que pouco necesitan os contrarios para facernos dano.
Luis poríanos outra vez por diante, pero pouco duraría a "tranquilidade".
Fallamos cousas imperdoables aínda sen xogar a nada, 3x2, 3x1, algunha de segundo pau...cabe destacar o traballo de Cesar na portería, pero e que o noso demérito foi elevado.
Como cabía agardar, non sentenciamos, e en dous agasallos marca da casa, tres puntos que se vían fuxir lonxe de Pazos.
Un penalti, nos derradeiros minutos transformado por Jose, deixaría polo menos, algo co que conformarse.
Non anda ben o equipo, a pesar de ramalazos aillados, e comezan a pesar, como por outra parte é lóxico, as ausencias prolongadas, de Marcos F., Eloy, ou Borja.
Na parcela defensiva só Kuka rende á altura, e en ataque, salvo algunha excepción, un pouco mais do mesmo. Isto é seguramente o mais preocupante.
A esperanza, que o grupo é unha piña, e coñecedor de todas estas carencias, confiemos en que poidan solucionalas.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Kuka - Jose(1) - Jony - Vidal e Luis(2); Bizza, Pablo, Jonas, Alexis(1), Aaron, Guille e Breixo.
SUPERTI A PONTENOVA F.S.: César - Catalin - Diego Lamas(1) - Iago Fariñas e Diego(2); Alexandre, J. Luis e Jesús.

GOLES:

  • 0-1 (min.2) Mal pase en medio campo que rouba o Superti, e 2x1 con Kuka que finaliza Diego a pracer.
  • 1-1 (min.13) Luis tenta xogar con Jose no pivot, a bola queda rexeitada, e uñazo a media altura do dez.
  • 2-1 (min.19) Jonas desborda e pona no segundo pau donde empurra Alexis chegando dende atrás.
  • 2-2 (min.21) Saque de banda ó interiror da área que Alexis mete en propia meta ó tentar cortar.
  • 3-2 (min.22) Luis vaise da sua marca e bate a Cesar cun chut cruzado por arriba.
  • 3-3 (min.26) Bola que lle rouban a Jonas cando tenta sair dende atrás, e disparo de Diego Lamas que bate en Pablo antes de colarse entre as pernas de Kuka.
  • 3-4 (min.35) Disparo lonxano de Diego, tras perda nosa en media pista, que pega en Jose desviando a sua traxectoria, e despistando por completo a Kuka.
  • 4-4 (min.37) Jose marca dende o punto de penalti cun disparo forte a un lado.



No hay comentarios: