Vistas de página en total

viernes, 8 de diciembre de 2017

SANTIAGO FUTAL "B" 3 - 4 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Partido trepidante e de alternativas no marcador, o vivido o padaso sábado en Santiago.
Un encontro que comezou moi ben para os nosos intereses, que de supeto se torceu, e que finalmente seríamos capaces de sacar adiante.
O equipo, sabía que outro tropezo o deixaba definitivamente en terra de ninguén, e saltou á pista convencido de evitar que iso sucedese.
Poderíamos resumir o choque en catro fases.
Nos primeiros dez minutos, o bo xogo realizado, permitiríanos tomar unha renta de dous goles, que puido ser mais ampla se non fose polo bo facer de Felipe, espectacular baixo paus durante toda a tarde.
Nos dez seguintes, xogo e ocasións igualáronse, e os locais saberían aproveitar un dos poucos erros defensivos que tivemos neste periodo.
Nos intres finais antes de ir á caseta, os de Fran, ademais de perder a Luis definitivamente por lesión, sufrirían mais da conta para manter a ventaxa.
No comezo do segundo tempo a igualdade mantívose, pero en duas malas decisións todo semellaba irse ó traste.
Comémonos un saque de banda de libro para a igualada, e tras desperdiciar un claro 2x1 co porteiro, na contra, recibimos o 2-3 en idéntica situación pero executada como debe ser.
Do minuto trinta ó corenta, si que non habería cor. O equipo valeirouse, tentandoo de tódolos xeitos. Con Jose moi superior exercendo de pivot, con pacientes combinacións, con desbordes 1x1...
Jony conseguiría as taboas dende o dobre-penalti, e tras toparnos unha e outra vez cos reflexos de Felipe, e con dous tiros á madeira, case ó final, Pablo, conseguía darnos a victoria.
Tres puntos merecidos ó noso xuizo, donde a ambición por manternos no grupo de cabeza, nesta ocasión, puido mais ca sua por sair da parte baixa.

SANTIAGO FUTSAL "B": Felipe, Alberto, Miguel, David e Iago; Yago, Brian(1), Pablo Seijas(1), Antón, Pablo M. e Juan.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Kuka - Jonas - Alexis - Luis(1) e Breixo; Bizza, Pablo(1)(1 p.p.), Jose, Jony(1), Aaron, Guille e Vidal(1).

GOLES:

  • 0-1 (min.4) Jose recibe no pivot e asiste a Vidal, quen vindo de cara colocaa con calidade axustada ó pau.
  • 0-2 (min.9) Paralela sobre Breixo que remata, a bola queda rexeitada ó borde da área pequena, e Luis clavaa por alto cun potente punteirazo. 
  • 1-2 (min.13) Erro defensivo que aproveita Pablo Seijas para anotar sobre a liña a pesar da oposición de Aarón.
  • 2-2 (min.23) Estratexia de banda con balón ó segundo pau, que Pablo introduce en propia meta ó querer cortar.
  • 3-2 (min.29) Brian empurra a pracer un contragolpe 2x1 contra Kuka.
  • 3-3 (min.31) Dobre-penalti que Jony pon na escadra.
  • 3-4 (min.38) Estratexia de corner, e bola morta no interior da área que remacha Pablo.

No hay comentarios: