Vistas de página en total

martes, 13 de febrero de 2018

SPORT SALA CULLEREDO F.S. 4 - 4 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Os nosos rapaces non lograron pasar do empate no encontro que os enfrontou ó pasado sábado ó Sport Sala Culleredo F.S., e non sería porque no o tentaron.
Un encontro cargado de tensión, no que seguramente fomos inferiores nos primeiros dez minutos, igualamos forzas nos dez seguintes, e impuxémonos nos vinte restantes.
Eles entraron mellor ó partido, mais vivos, e cun plantexamento ambicioso que incluso semellou sorprendernos.
A pesar de contar cun zapatazo de Jose ó pau, era evidente que ainda non atopáramos o ritmo, e serían os locais quenes se adiantarían no marcador.
Conseguiríamos igualar cedo, por medio de Pablo, pero de inmediato, xa nos caería o segundo.
Co paso dos minutos, e a notable melloría na nosa presión, a contenda iría equilibrándose.
Logo de perder a Jony por lesión, e de outro tiro ó poste de Luis, outra vez Pablo, establecía as taboas no marcador, nunha acción de carácter e convicción.
Tralo paso polos vestiarios, o escenario mudaría por completo, converténdose o cuadro vermello en dono e señor do espectáculo.
Pasamos a vivir en campo contrario, afogando ó rival, que xa non trenzaba igual, e prácticamente so recurría a balóns en longo.
Creamos un feixe delas, ante un Castro providencial, que mostraba uns enormes reflexos que nos chegaron a desesperar.
Cando por fin derrubamos o muro, case a xogada seguinte, erro defensivo, e trallazo exterior que nos obrigaba a comezar de novo.
Non se renderon os vermellos, pero unha e outra vez, o meta local, erixíase en protagonista.
Abocados a este final, un dos colexiados decidíu que non, que el tamén quería formar parte da festa, e enmarañouse en tres decisións a cada cal mais ridícula.
Primeiro, transformou un simple leve forcexeo en dobre-penalti a favor dos da casa, co conseguinte 4-3.
Ante tal absurdez, o seguinte disparo a porta de Luis, rematou en penalti por unha suposta man (había que compensar), 4-4.
Na derradeira acción, sinalaría un dobre-penalti por unha falta a Kuka cando menos dubidosa. Un show lamentable, e totalmente innecesario.
Non aprobeitaríamos o lanzamento, e con el, fuxiía a posibilidade de seguir metendo presión.

SPORT SALA CULLEREDO: Castro - Fernando(1) - Iago - Oscar(1) e Miguel(2); I. Socastro, Jorge, Brais, Iván e Alejandro.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Jose - Pablo(2) - Alexis e Luis(1); Kuka, Marcos F., Eloy(1), Jony, Vidal, Guille e Breixo.

GOLES:

  • 1-0 (min.3)Pase diagonal que remata Miguel de primeiras.
  • 1-1 (min.4) Pase de Luis en profundidade a Pablo, que bate ó porteiro coa punteira.
  • 2-1 (min.4) Disparo de Miguel dende a lateral que non atina a deter Bizza.
  • 2-2 (min.19) Pablo vaise por banda en velocidade, e define ante a saida do porteiro, cando semellaba imposible que lle dese tempo.
  • 2-3 (min.25) Estratexia de corner, asiste Marcos F., materializa Luis.
  • 3-3 (min.26) Descomunal chut exterior cruzado de Fernando, que entra tras dar no pau. 
  • 4-3 (min.38) Dobre-penalti que executa Oscar ante Kuka, que chega a tocar.
  • 4-4 (min.39) Penalti que transforma Eloy con seguridade.




No hay comentarios: