Vistas de página en total

jueves, 29 de marzo de 2018

A ESTRADA FUTSAL 4 - 2 S.D. PAZOS Fútbol Sala

O noso equipo acumulou por primeira vez no que vai de tempada, duas xornadas consecutivas sen puntuar.
A última derrota, padeceuna nun dos escenarios menos propicios, xa que foi na cancha dun rival directo na loita pola segunda praza.
O plantel, que viaxaba en cadro, soubo estar á altura das circunstancias, como nel normalmente é habitual, pero non sería suficiente.
Parecía obvio que o partido se definiria por detalles, e finalmente así acontecería.
Logo dun comezo igualado con dous estilos de xogo antagónicos, un de posesión, o local, e outro de contragolpe, o visitante, comezaría a chegar o traballo para Bizza e Sergio.
Os dous porteiros interviron con acerto en varias ocasións, pero terían sorte dispar nas mais claras de ambos conxuntos.
Mentras que primeiro, Jonas, enviaba unha uña ó pau, e Luis, un disparo á cruceta, Moro, sacaba petroleo dun balón xogado ó pivot.
1-0 nos compases finais do primeiro tempo, e que semellaba definitivo antes do descanso.
Non sería así, porque os nosos, pecarían de ambición, ou de inconsciencia, e arriscarían en demasía na derradeira xogada.
Estratexia de corner innecesaria, e mal executada, contragolpe, e 2-0 que era un castigo excesivo para os méritos realizados.
O segundo tempo, coa carga do marcador, suporía un novo exercicio de fe dos de Fran, que non renunciarían ós puntos prácticamente ata o asubio final.
Presión alta, vendendo a Kuka mais dunha vez ( IMPRESIONANTE un PARADÓN que recordou ó de Casillas en Sevilla ) , e a loitar ata que nos dera a "caixa".
Grazas a esa entrega chegaría o gol de Jony, que serviría para recurtar distancias, e de paso, encher de incertidume o resultado.
Restaba a metade deste periodo, e entón o mister de Pazos, decidiu matar ou morrer.
Introduciu a figura do porteiro-xogador, en parte tamén para darnos un respiro, pero a moeda caería do lado da cruz.
Puídonos a ansiedade, non conseguindo elaborar con precisión, remantando asi, de cabar a nosa propia tumba.
Dous goles case ó final en dous roubos para eles, e un gol para nos, que como mal menor,  nos permitía igualar o golaveraxe particular.
Veremos se ó final vale de algo.

A ESTRADA FUTSAL: Sergio - Moro(1) - Martín Varela - Gianzo e Botel; Cesar, Tojo(1), Ulla, Edu, Kinso(1), Julio e Simón(1).
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Pablo- Jonas(1) - Vidal e Luis; Kuka, Jose, Jony(1), Aarón e Quique.

GOLES:

  • 1-0 (min.18) Acción clásica de pivot de Moro, que marca a media altura.
  • 2-0 (min.19) Contragolpe tras corner mal botado, e 2x1 con Bizza que finaliza Simón.
  • 2-1 (min.28) Roubo na presión, e Vidal combina con Jony, que anota cun chut cruzado ó borde da área.
  • 3-1 (min.35) Roubo de bola ante o xogo de cinco vermello que materializa Tojo.
  • 4-1 (min.39) Similar situación que esta vez transforma Kinso.
  • 4-2 (min.39) rápida combinación de cinco, que empurra Jonas no segundo pau asistido por Jose.




No hay comentarios: