Vistas de página en total

lunes, 12 de marzo de 2018

C.P. CASÁS 3 - 5 S.D. PAZOS Fútbol Sala

No encontro deste pasado fin de semana, cumpríronse os malos presaxios que se auguraban na previa, excepto o mais importante, que eran os tres puntos, e eses viñeron para Pazos.
Partido para esquecer en tódolos aspectos salvo tal vez na portería, porque do resto, borrón e conta nova.
Pésima primeira parte, na que para nada demostramos a nosa condición de segundo clasificado, ou de vir de tumbar ó líder na xornada anterior.
Non tivemos ritmo, nin orde, e estivemos a merced dun C.P. Casás que foi superior. Espeluznante o tema da estratexia, na que nos remataron prácticamente todo, menos mal, que contamos co acerto de Bizza.
O mellor, as taboas ó descanso, porque as nosas ocasións contáronse cos dedos dunha man.
Na segunda parte, un pouco mais do mesmo, resultando un conxunto irrecoñecible, pero alomenos, amosando os arrestos de sempre.
Iso foi o que nos deu os tres puntos, iso, e a sorte, que sen dúbida está vez estibo ó noso carón.
Cando a falta de cinco minutos todo semellaba moi costa arriba, chegaba o golazo de Vidal, sacado da nada, e que establecía o 3-3 no electrónico.
Segundos mais tarde, unha estratexia entre Jose e Luis, desnivelaba a balanza, e afundía de paso a moral local.
Para sua maior desgraza, case no primer ataque que tentaban co porteiro-xogador, un mal pase, era interceptado por Luis, índose a bola, paseniña á rede.
Restou aguantar o acoso final.
Se votábamos de menos algún punto do pasado, xa podemos decir que son estes, co que so queda traballar mellor para merecer os seguintes.

C.P. CASAS: Pablo - Rafael - Pablo A. - Julio(2) e Ignacio(1); Francisco, Adrián, Christian, David A., David L. e Jacobo.
S.D. PAZOS Futbol Sala: Bizza - Pablo - Alexis(1) - Jony e Luis(2); Kuka, Marcos F., Jose, Guille e Vidal(2).

GOLES:

  • 1-0 (min.12) Acción de Julio que se vai por banda e marca cun chut raso.
  • 1-1 (min.13) Alexis recorta ó seu par, e saca un latigazo raso ó borde da liña de puntos.
  • 2-1 (min.22) Estratexia de banda que remata Ignacio no segundo pau ante a nosa pasividade.
  • 2-2 (min.30) Presión en primeira liña de Luis, e a bola que queda morta ós pes de Vidal, que marca cun tiro cruzado.
  • 3-2 (min.31) Contragolpe con pase cara atrás de Christian que remacha Julio cun misil.
  • 3-3 (min.35) GOLAZO de Vidal, que se vai pola banda dereita, e saca un zapatazo coa destra que entra por toda a escadra.
  • 3-4 (min.37) Estratexia de falta dende a lateral, pona Jose, e Luis remacha a rede no segundo pau.
  • 3-5 (min.38) Mal pase que corta Luis no xogo de cinco local, índose o balón directo á portería.


No hay comentarios: