Vistas de página en total

viernes, 2 de marzo de 2018

XORNADA 21

Non hai ningun tipo de dúbida de que o encontro da xornada na terceira división nacional de fútbol sala, dispútase no municipal de Pazos de Borbén.
Primeiro e incontestable líder, Sala Ourense, contra o actual campeón e nestes intres segundo clasificado, S.D. Pazos Fútbol Sala.
Oito puntos nos separan, e dende logo si ainda cabe algunha posibilidade de afastar do título ós ourensás, esa pasa por este partido.
Resulta obvio decir que non será nada sinxelo, pois os seus números falan por si sos.
Unha derrota fai meses, e dous empates, son o seu único bagaxe negativo no que vai de tempada, case nada.
Nós levamos á máxima expresión aquilo de ir partido a partido, porque é o que nos aconsella a experiencia, e aínda que despois deste sábado quedará moita liga, somos conscientes de que nos xogamos algo mais ca tres puntos.
Fran poderá contar por fin dende hai moito tempo, con prácticamente todo o seu plantel, a excepción do lesionado Borja, que como sempre estará alentando ó equipo dende as bancadas.

S.D. PAZOS Fútbol Sala - SALA OURENSE
DATA: 03-03-18 HORA: 17:00 LUGAR: Pavillón municipal de Pazos de Borbén.

CONVOCATORIA:

  • Kuka
  • Bizza
  • Marcos F.
  • Pablo
  • Eloy 
  • Jose
  • Jonas
  • Alexis
  • Jony 
  • Vidal
  • Breixo
  • Luis 
BAIXAS:
  • Borja (lesión)
  • Diego (motivos laborais)





No hay comentarios: