Vistas de página en total

sábado, 14 de abril de 2018

S.D. PAZOS Fútbol Sala 2 -1 T. ABC I.E.S. CORUXO F.S.

De partido do "medo" poderíamos tildar o desputado na tarde do domingo no municipal de Pazos de Borbén.
Por un lado, os nosos, moi excasos de efectivos, como a xornada anterior, e por outro, un I.E.S. Coruxo en horas baixas.
O resultado final e fiel reflexo do acontecido, mais ainda, se temos en conta que os tres goles chegaron nos minutos finais do encontro.
Ninguén quixo arriscar, tentando evitar cometer un erro que o outro puidese aprobeitar, e froito desa situación, quedou un choque tenso, pero con moi poucas ocasións de gol.
Nos levamos algo mais o peso nos primeiros vinte minutos, e tamén disporíamos da mais clara.
Pase o segundo pau de Jony tras cabalgada, e remate de primeiras de Luis, que salvaba in-extremis un defensor.
Pouco mais reseñable, nun periodo no que os cancerbeiros foron meros expectadores.
O segundo acto continuaría coa mesma tónica, con mais equilibrio se cabe, o que favorecía que as taboas semellasen o desenlace mais lóxico.
Nos compases finais, dunha opción de Luis que batía na cepa do pau, pasaríamos ó mazazo visitante.
Falta de Jony, e fantástica execución de Parra, que a puña na escadra para inaugurar o marcador.
Jose, capitán vermello, empeñouse en que non podíamos volver a caer, e grazas a sua teima, pronto chegaría o empate.
En cinco minutos ocorrería todo o que non pasara antes, dando lugar a unha emoción imposible de preveer.
Primeiro era expulsado Jony, con un riguroso segundo cartón, por, supostamente, protestar unha falta.
Aguantarían ben os vermellos, incluso marcando nun contragolpe. Gol, que o mesmo trencilla, sería quen de anular.
Con todo aparentemente decidido, Jonas, só ó frente da nave vermella nesta ocasión, xogaríase o todo polo todo introducindo ó porteiro-xogador.
Xogada elaborada con calma de cinco, e os puntos que ficaban na casa.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Kuka - Jose(1) - Jonas - Jony e Luis(1); Martin, Pablo, Vidal, Aaron e Breixo.
T. ABC I.E.S. CORUXO F.S.: Javier - Camilo - Parra(1) - Jorge e Samu; Fiou, Bruno, Manuel, Alejandro, Gustavo, Martin e Oliver.

GOLES:

  • 0-1 (min.34) Falta directa que transforma Parra de forma maxistral.
  • 1-1 (min.34) Jose porfía un balón en área rival ante varios defensores, e marca cun disparo raso.
  • 2-1 (min.38) Perfecta xogada de cinco na que Jonas asiste a Luis ó borde da area, control, e uñazo que bica as mallas.


No hay comentarios: