Vistas de página en total

miércoles, 25 de abril de 2018

SUPERTI A PONTENOVA F.S. 1 - 3 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Fundamentais tres puntos os logrados pola S.D. Pazos nunha das canchas mais complexas da categoria, e que lle permiten manter intactas as suas opcións de rematar a tempada entre os tres primeiros clasificados.
Partido moi disciplinado en xeral por parte dos vermellos, so ensombrecido no tramo final por uns minutos desconcertantes.
Primer tempo no que fomos, ó noso xuizo, superiores ó rival, e no que tras desperdiciar varias  boas ocasións, conseguiriamos irnos ó descanso con ventanxa no marcador merced a un gol obra de Alexis.
Saimos peor no segundo, dando lugar a que os locais, a base sobre todo de accions individuais, conseguiran imporse no xogo.
Logo duns minutos de aturdimento, Fran, cos trocos e continuas rotacións, atallaria o problema, provocando que a reacción non se fixera agardar.
Seria primeiro Vidal, logo dun xogadón colectivo, e mais tarde, Eloy, quenes porian terra de por medio, permitindo asi, poder afrontar con maiores "garantias" o previsible arreón do final.
O coraxudo conxunto Pontenoves, queimou as suas naves pondo en serio perigo o resultado, pero unhas veces a defensa, outras Kuka, e os postes, evitarian males maiores.

SUPERTI A PONTENOVA F.S.: Cesar - David - Marcos - Miguel (1) e Paulo; Xoel, David R., Diego, Catalin e Pablo.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Kuka - Jose - Pablo - Jony e Luis; Bizza, Eloy(1), Alexis(1) e Vidal(1).

GOLES:

  • 0-1 (min.18) Alexis recibe un pase longo de Eloy, e fusila a queimarroupa a Cesar.
  • 0-2 (min.25) Xogada entre Alexis e Eloy, que remata cunha asistencia ó interior da area do vigues para que finalice Vidal.
  • 0-3 (min.27) Pase atras de Jony que logra despexar Cesar, a bola queda solta na area pequena, e Eloy consegue cazala de xeito acrobático.
  • 1-3 (min.35) Mal pase nun intento de saida de balón, e asistencia que aproveita Miguel para estourar a Kuka.

No hay comentarios: