Vistas de página en total

viernes, 11 de mayo de 2018

5 CORUÑA F.S. 4 - 3 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Antes de comenzar coa crónica habitual, o primeiro que toca, é felicitar ó equipo que, a falta de duas xornadas, nos releva no trono de campeón de liga, o Sala Ourense F.S., NORABOA!.
Os seus números non deixan lugar a dúbidas, cun feixe de victorias, e tan so tres empates e duas derrotas no que vai de campeonato. Quédanos a "satisfacción" de que un dos dous equipos que conseguiu vencelos foi o noso en Pazos, 7-4.
Inalcanzable a liga, o obxetivo centrábase en tentar acadar o segundo posto, pero tralo acontecido no encontro desta xornada, tampouco vai a resultar posible.
Partido para esquecer dos vermellos na Coruña, donde pareceron xogar case mais por compromiso que por outra cousa.
Ahí estivo a diferencia. Pesou mais o interés do conxunto local por fuxir dos postos de descenso, que o noso por cotas maiores.
O choque foi un ir e vir continuo, de excaso, por non decir ningún, rigor táctico, e no que os noveles semellamos ser nos.
Comezamos cun chut directo de Kuka á cruceta, que quitando os goles, sería a mellor ocasión que teriamos en todo o primer acto.
Tras dous agasallos de patio de colexio que supuñan o 2-0, con duas accións ailladas antes do descanso, conseguiriamos a igualada.
Con Jose moi renqueante dende os primeiros compases, Fran perderia tamén a Luis de xeito definitivo ó comezo do segundo tempo, co que a excaseza de efectivos uníase ó cúmulo de despropósitos.
Igualdade neste periodo, idéntico desorde, donde nin fomos capaces de aprobeitar unha superioridade numérica, e cando se firmaban as taboas, un gol postreiro deixaríanos sen nada.
Como comentaba algún compoñente do plantel ó remate, "merecemos perder¡¡¡, non se pode facer todo tan mal ".
O peor, a falta de actitude, que non de compromiso, e que nos está levando a unha dinámica perigosa.
O tercer posto debe ser inegociable, e restan dous compromisos complicados para poder refrendalo.

5 CORUÑA F.S.: Oscar - Dabiel S. - Daniel C. - Diego(1) e Adrián(2); Alfonso, Rodrigo, Iván, Sergio, Pablo, Victor e Daniel D..
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Kuka - Pablo - Jonas - Alexis(2) e Luis; Martín, Jose(1), Jony, Aarón e Vidal.

GOLES:

  • 1-0 (min.6) Estratexia de falta defendida de pena, e disparo frouxo de Adrián que se come Kuka por entre as pernas.
  • 2-0 (min.15) Falta de contundecia nunha bola en media pista, e 3x1 ben resolto por Diego.
  • 2-1 (min.16) Xogada individual de Pablo por banda, e pase da morte que finaliza Alexis.
  • 2-2 (min.18) Bola que porfía Alexis nun un para un, e latigazo que se clava na escadra.
  • 3-2 (min.32) disparo dende a lateral que toca Kuka, pega no pau, e convirte Daniel D. libre de marca.
  • 3-3 (min.39) Jose anota con serenidade logo dunha xogada colectiva co porteiro-xogador.
  • 4-3 (min.39) Corner ó interior da área nos derradeiros segundos, que empurra Adrián, e que reflicte a perfección o que fomos en defensa.



No hay comentarios: