Vistas de página en total

jueves, 24 de mayo de 2018

RIBEIRA F.S. 5 - 7 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Finalizou a liga na terceira división nacional de fútbol sala, e trala sua victoria en Lugo, os nosos, conseguiron rematar nun meritorio tercer posto.
O podium era o obxetivo, logo de non ser capaces de manter o ritmo dun intratable Sala Ourense, e tan so, a A Estrada Futsal, con dous puntos de vantaxe, quedaría por diante dos vermellos.
Boa tempada ligueira pois, a expensas da vindeira participación na Copa, e que pode saber a pouco, logo dos dous títulos de liga alcanzados, pero que deixa unha sensación xeral cando menos esperanzadora.
Moitos cambios (corpo técnico, baixas, incorporacións...) e un sin fin de imprevistos dos que como case sempre conseguimos sair airosos.
O núcleo duro das campañas anteriores foi o mais castigado.
Exemplos: Marcos F., que pouco puido participar por compromisos laborais, Borja, lesionado de gravedade apenas comezada a liga, Eloy, dous meses fora tamén, e que decir de Jony, Jonas, Jose ou Luis, ós que xa lle pesan os km percorridos, con continuos problemas musculares. Por último, Breixo, que por decisión persoal tampouco disputaría a fase final do campeonato.
A parte positiva, sen dúbida, a solidez do grupo creado. As chegadas de Kuka, Pablo, Alexis e Vidal foron un soplo de aire fresco.
Adaptados dende o comezo, e mentalizados en sumar, ofreceron, dedicación e compromiso, que era o que se lle requería, pero e que ademais engadiron rendemento.
Ó trio técnico, Fran, Jonas e Adri, pouco mais se lles pode pedir, con tódalas dificultades do mundo para poder compaxinar vida persoal, laboral e equipo.
A Copa é o seguinte reto, á que acudiremos coas maiores aspiracións, pero sobre todo, coa intención de seguir amosando seriedade e competitividade.
En canto o partido que nos ocupou este sábado en Lugo, tal vez o mellor resumo, é que gañou quen mais o precisaba.
Houbo, bos, e malos momentos para ambos conxuntos, e si ben nos gozamos de maior cantidade de oportunidades, igualmente, cometemos os erros mais graves.
Puxémonos por diante sendo mellores, por detrás, sendo peores, para rematar gañando sendo un chisco superiores.
Vidal, con outra notable actuación no municipal de Lugo, foi o mais destacado no bando visitante.

RIBEIRA F.S.: Samuel - David(1) - Marcos(1p.p.) - Lobeiras e Francisco(2); David, Jairo(2) e Alejandro
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Pablo - Jonas(1) - Alexis(1) e Jony; Kuka, Eloy, Jose(2), Vidal(2), Aarón e Luis.

GOLES:

  • O-1 (min.16) Pase forte cara o segundo pau de Jony, que bate nun rival, e se vai adentro.
  • 0-2 (min.16) 3x2 que leva Alexis e pase a Jose que marca de forte punteirazo.
  • 1-2 (min.17) Bola que non consegue despexar Alexis, e chut cruzado de Francisco que sorprende a Bizza polo primeiro pau.
  • 1-3 (min.23) Perfecta extratexia de corner que finaliza de primeiras Jonas.
  • 2-3 (min.27) Pase da morte que tranforma Francisco vindo dende atrás.
  • 3-3 (min.32) Despiste defensivo ó quedarnos protestando unha falta, e zapato exterior de David imposible para Kuka.
  • 4-3 (min.33) Vidal chega para salvar baixo paus, pero non consegue despexar e sirvella en bandexa a Jairo.
  • 4-4 (min.34) Contragolpe, e Jose que recibe para finalizar de xeito similar ó seu primeiro gol.
  • 4-5 (min.36) Balón longo no que dubidan porteiro e defensor, e Vidal mais atinado ca eles, remata por enviar á rede.
  • 4-6 (min.38) Despexe do porteiro a un tiro de Vidal, que aproveita Alexis para marcar de semi-volea.
  • 4-7 (min39) Vidal faise cunha bola ante o porteiro-xogador, e anota con calidade dende medio campo.
  • 5-7 (min.39) Riguroso penalti que transforma Jairo.

No hay comentarios: