Vistas de página en total

sábado, 5 de mayo de 2018

S.D. PAZOS Fútbol Sala 2 - 3 SANTIAGO FUTSAL "B"

Por partidos como o deste pasado martes, e polo que, entre outras cousas, non se puido facer mellor defensa do título ligueiro.
Difícil de explicar como se pode perder un encontro, no que, sen restar ningún mérito ó rival, entre Martín e Kuka só tiveron que intervir en tres ocasións, amén dos goles.
Non fixemos un partidazo, iso é evidente, pero de ahí, a quedar sen ningún punto vai un bo treito.
Comezou moi ben o equipo, dominando con claridade, e acumulando ocasións que salvaba un acertado Balsa.
Froito dese dominio chegaria o 1-0, pero con el, tamén chegaría o "acomodo" vermello, e o arreón de orgullo do rival.
Tras un despiste á hora de defender unha estratexia de falta, os santiagueses, lograrían a igualada.
As taboas ó descanso, para nada eran reflexo do acontecido, pero si daban pe a pensar que había que facer mais para poder gañar.
Non o faría o conxunto de Fran, falto de continuidade, caendo en maiores imprecisións, e sendo moi predicible en ataque.
Asi e todo, e a pesar do empeño visitante, non chegamos a pasar apuros nunca.
As opcións que houbo foron nosas, e ata o gol que nos puña por diante, Kuka foi un mero espectador.
A debacle produciríase de xeito inesperado, e o que é peor, de forma igual de rocambolesca que tantas outras veces esta tempada.
O 2-2, nun balón en longo sen aparente perigo, que sae a despexar Kuka, e que tras dar en Vidal, quédalle en bandexa ó rival.
E o 2-3, nun balón que arrisca Jonas innecesariamente de último home, e que Luis,  remata introducindo en propia meta.
Ver para crer.
No xogo de cinco proposto ó final, o Santiago defenderíase ben, levando consigo, a totalidade do botín.
Restan tres partidos para dar o do de peito, loitar polo segundo posto, ou alomenos, non perder o terceiro.

S.D. PAZOS Futbol Sala: Martin - Eloy - Jony - Vidal e Luis(2)(1 p.p.); Kuka, Pablo, Jose, Jonas, Alexis e Aaron.
SANTIAGO FUTSAL "B": Balsa - Alberto - Brian - Anton e Pablo M.; Felipe, Iago M., Miguel, Pablo S., David, Iago F. e Juan.

GOLES:

  • 1-0 (min.7) Pablo anticipa na presión, xoga con Alexis, e pase da morte deste que materializa Luis.
  • 1-1 (min.13) Estratexia de falta que salvan entre Martin e o pau, pero o rexeite, queda morto ós pes de Miguel, que ante a nosa pasividade, marca sen oposición.
  • 2-1 (min.31) Centro-chut de Eloy ó interior da area, que Luis tranforma en gol de tacón.
  • 2-2 (min.32) Balón en longo que Kuka despexa de forma defectuosa, a bola da en Vidal, e queda franca ós pes de Brian que anota a porta valeira.
  • 2-3 (min.34) Jonas perde de último home, e 2x1 con Kuka, que Luis mete en propia porta o tentar cortar.


No hay comentarios: