Vistas de página en total

viernes, 18 de mayo de 2018

S.D. PAZOS Fútbol Sala 7 - 5 SANTA ISABEL F.S.

Victoria fundamental da S.D. Pazos diante do Santa Isabel F.S., que lle permite afrontar a derradeira xornada de liga con todalas opcións abertas para poder manter o tercer escalón do podio.
Un choque difícil de encarar, que requería de atopar a motivación suficiente, e ademais, no que había que tentar lavar a imaxe ofrecida na Coruña.
Logrouse en parte, porque se gañou, e se amosou en moitos minutos a seriedade que se reclamaba, pero tamén quedou patente, que para a vindeira competición de Copa asi non chega.
O primeiro tempo estivo aberto, con transicións continuas, das cales os nosos case sempre saían mellor parados ó mostrarse superiores en ambas áreas.
Maior sacrificio defensivo, mais claridade en ataque, e un Alexis estelar, o que se traduciría nun clarividente 4-0.
Cambiarían as tornas mediado o periodo, donde pecamos de algo de deixadez, o que aprobeitarían os visitantes para reducir distancias antes do descanso, 4-2.
Semellante sería o segundo acto, no que volvemos a ser superiores ó comezo, para rematar sufrindo ó final.
Eles son un equipo que non se deixa ir, e nos tampouco fomos o suficiente maduros como para rematalos.
Os  intres finais xa con porteiro-xogador na pista pola sua parte, fixéronse interminables.
Destacar o debut goleador na terceira división do xuvenil Aarón, moi entoado nos minutos que disputou, Noraboa.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Kuka - Pablo - Jonas(1) - Alexis(2) e Jony(2); Martín, Eloy, Jose, Vidal e Aarón(2).
SANTA ISABEL F.S.: Adrián L. - Oscar(1) - Diego(1) - Francisco(1) e Javi Rio(2); Adrián C., Ruben e Adrián S.

GOLES:

  • 1-0 (min.7) Chut de Eloy que repele o porteiro, o rexeite colleo Jose, e deixa de cara a Alexis que a escacha na rede.
  • 2-0 (min.9) Slalom de Alexis que toca o porteiro cando o tentaba recurtar, e a bola cae ós pes de Jony que a funde para adentro.
  • 3-0 (min.9) 3x2 que leva Eloy, e cédella a Jony que anota de primeiras ó pau longo.
  • 4-0 (min.10) Contragolpe 2x1, e Jony que ante o porteiro asiste a Aaron para que marque a pracer.
  • 4-1(min.11) Javi Rio intercepta un intento de pase de Jose cando está de último home, e bate a Kuka no man a man.
  • 4-2 (min.12) Bola dende a lateral ó interior da área, que meten na porteria entre Francisco e Eloy.
  • 5-2 (min.23) Medido pase de Jose ó segundo pau que combirte Alexis vindo dende atrás.
  • 5-3 (min.24) Zapatazo exterior de Diego sen oposición que deixa sen resposta a Kuka.
  • 6-3 (min.33) Contra 3x2, asiste Vidal, Jonas define con suma facilidade de punteira coa esquerda.
  • 7-3 (min.34) Novo contragolpe 2x1, e Eloy dalla a Aarón que anota acopañando a xogada.
  • 7-4 (min.35) Oscar resolve dentro da área.
  • 7-5 (min.38) Disparo que impacta no rostro de Alexis baixo paus, e queda franco ós pes de Javi Rio que marca.



No hay comentarios: