Vistas de página en total

lunes, 24 de septiembre de 2018

A ESTRADA FUTSAL 4 - 4 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Este deporte ten estas cousas. Se a semana pasada, a pesar de gañar, as sensacións non eran as mellores, nesta, empatando, as impresións que deixou o equipo foron ben distintas.
É certo, que os catro goles que recibimos son froito de catro erros de bulto, incluso individuais nalgún caso, e que de cara á porta malgastamos o que non está escrito, pero o equipo tamén amosou caracter e determinación.
Enfronte tivemos un rival en plena reestructuración, pero que mantén o espiritu combativo de sempre. Meteu as que tivo, e defendeuse con uñas e dentes por acadar algo positivo.
En ambos periodos levamos o peso do encontro, eles agardaban a nosa "habitual" liada, e nós, a dilapidar oportunidades unha tras outra.
Ir perdendo ó descanso por tres goles a dous goles, non reflectía para nada o acontecido, xa que non había cor en canto ó reparto de ocasións.
No segundo, un pouco mais do mesmo. Un porteiro local que se erixía en protagonista destacado, axudado tamén polos postes, que llo pregunten a Vidal, algunha enfangada mais pola nosa parte, e a remar coma tolos ata o final para alo menos sacar un puntiño.
Vai aser unha liga competida esta, semella evidente xa a estas alturas. Os erros  e agasallos páganse caros, e iso pode ser o que marque a diferencia.

A ESTRADA FUTSAL: Francisco A. - Moro(2)(1p.p.) - Martín Varela - Damián(1) e Edu(1) ; Borja, J. Antonio, Sergio, Eduardo J. e Francisco J..
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Jony Costas - Vidal - Luis(2) e Borja; Martín, Jose, Jonas(1), Alexis, Alex, Jony e Diego.

GOLES:

  • 0-1 (min.4) Estratexia de corner que finaliza Jonas cun tiro cruzado no interior da área.
  • 1-1 (min.7) Similar estratexia de corner, e Moro quen executa dentro da área.
  • 2-1 (min.11) Erro na presión en media pista, parede que deixa só a Edu diante de Bizza, e boa resolución ó pau longo.
  • 3-1 (min.19) Falta dende a lateral, chut de Moro que bate nun pe de Bizza e se cola para adentro.
  • 3-2 (min.19) Rápida triangulación, Alexis xoga con Jony Costas, e disparo exterior deste que entra tras bater en Moro.
  • 4-2 (min.29) Jonas perde a bola de último home, e Damián resolve ante Bizza no man a man.
  • 4-3 (min.35) Pase cruzado interior de Jony Costas ó desmarque de Luis que anota de primeiras.
  • 4-4 (min.36) Saque longo de Bizza a carreira de Luis, que bate de perfecta vaselina ó porteiro na sua saida.


No hay comentarios: