Vistas de página en total

viernes, 7 de septiembre de 2018

CUESTIONARIO D5 (JONY COSTAS)

Fichaxe de kilates, imos D5 co dorsal 3, Jony Costas.

  1. ¿Que che parece a terceira división desta tempada, favoritos, sorpresas...?. Pois non teño experiencia na categoría, e non coñezo a tódolos equipos para marcar un favorito, pero polo que me dín, o campeonato vai a ser competitivo e iso gústame. 
  2. ¿Que opinión che merece o noso plantel para esta campaña? e ¿cal crees que debe ser o obxetivo?. O grupo é moi bo, con xente veterana que aporta moito, tanto dentro da pista, como fora dela, e despois están os xóvenes, que darán moito que falar...se continuamos traballando así, será un ano con moitas ledicias. Obxetivo, temos que pensar en gañar a liga, e sair dende a xornada un con esa mentalidade, sabendo da dificultade, pero traballaremos para  iso.
  3.  No plano persoal ¿que metas ou obxetivos te marcas?. Tentar aportar o máximo ó equipo, adaptarme rápido ó xogo, e así poder disfrutar. Como tódalas tempadas, fíxome os meus obxetivos individuais e tento conseguilos ó final de ano, pero prefiro reservarmos.
  4. ¿Tes algún referente, ídolo, ou alguén no que te fixes neste deporte? ¿equipo favorito?.Obviamente sempre te fixas nos extraterrestres, Ricardinho, Dyego, Falcao, Ortíz...e así podería estar todo o día, pero a min gústame aprender dos meus compañeiros. Penso que son os que me poden axudar a seguir crecendo como xogador, e por sorte, teño coincidido con xente moi boa, especialmente nas miñas tempadas no Bembrive F.S..
  5. ¿Cómo te sintes no club? e ¿tenta definilo nunha palabra?. A gusto, a verdade é que levo tres semanas de traballo e síntome como si levara anos no club, estou moi contento. Nunha palabra, familia.

No hay comentarios: