Vistas de página en total

lunes, 3 de septiembre de 2018

CUESTIONARIO D5 (VIDAL)

No quinto cuestionario, sae D5 outro dos xovenes, o dorsal 14, Vidal.

  1. ¿Que che parece a terceira división desta tempada, favoritos, sorpresas...? Paréceme unha liga moi igualada e competida, que exixe dunha gran regularidade todo o ano para pelexar ata o final polo obxetivo. Non me gusta fixar ningún favorito, a lo menos ata pasada a primeira volta.
  2. ¿Que opinión che merece o noso plantel para esta campaña? e ¿cal crees que debe ser o obxetivo?. Gústame moito, xa que hai moitas variantes. Mestura veterania e xuventude, e cos novos reforzos, gañamos en frofundidade de plantel.
  3.  No plano persoal ¿que metas ou obxetivos te marcas?. Este é o meu tercer ano neste deporte, segundo na S.D. Pazos, e afróntoo con moitas gañas, ilusión, e sobre todo, con moita confianza de seguir mellorando e axudando ó equipo en todo o que esté na miña man.
  4. ¿Tes algún referente, ídolo, ou alguén no que te fixes neste deporte? ¿equipo favorito?. O meu primer referente foi Alemao, fíxome comezar a disfrutar deste deporte con aquel Autos Lobelle. Equipo favorito, El Pozo Murcia.
  5. ¿Cómo te sintes no club? e ¿tenta definilo nunha palabra?. Moi a gusto, grupo humano dez, comezando polos meus compañeiros, pasando polo corpo técnico, e rematando pola directiva. Ahí, é onde comezan os resultados. Unha palabra, familia.

No hay comentarios: