Vistas de página en total

jueves, 20 de septiembre de 2018

S.D. PAZOS Fútbol Sala 5 - 3 C.P. CASÁS

Mal debut da S.D. Pazos, a pesar dos tres puntos, nesta tempada que recén comeza.
Os de Fran, sacaron adiante un encontro no que nunca se sentiron a gusto, xa sexa polo ritmo lento do mesmo, ou por propio mal facer.
Como o propio mister vermello indicaba ó remate do partido " en pouco ou nada nos semellamos ó equipo que pretendemos ser".
Primer tempo que se saldou cun xusto 2-1, ainda que so sexa pola diferencia en número de ocasións, e segundo, un tanto anodino, do que apenas se poden rescatar os primeiros compases.
O feito de que eles obtaran pola táctica do porteiro-xogador en gran parte deste periodo, tamén axudou a que o espectáculo carecese de continuidade.
Ó 5-3 final non deixou contento a ningún, a eles por que tiveron preto rescatar algo pero quedaron sen nada, e a nós, porque o que trasmitimos foi mais ben pobre.
Aproban neste primer test, dous ou tres xogadores, como poden ser Kuka ou Jony Costas, do resto, regular, mal, ou moi mal nalgún caso.
Queda moito traballo por diante, porque a tenor dos resultados desta primeira xornada, ninguén vai a regalar nada.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Jony Costas(1) - Vidal - Alexis e Jony(1); Kuka, Pablo, Alex(1), Luis(1), Diego(1), Borja e Sergio.
C.P. CASÁS: Adrián - Rafael - Pablo S. - Julio(3) e Pablo A.; Juan M., David, Juan J. e Jacobo.
GOLES:

  • 1-0 (min.2) Jony Costas levaa de rebote nun 1x1, e remata cruzado dende a lateral por toda a escadra. Golazo.
  • 1-1 (min.2) Estratexia de banda, e chut de  Julio que se cola por entre as pernas de Bizza tras bater en Alexis.
  • 2-1 (min.18) Contragolpe, Diego con Pablo, que ante o porteiro lla devolve para que o nove remache á rede.
  • 3-1 (min.32) Roubo ante o porteiro-xogador visitante, Jony Costas que profundiza cara Alex, que define ante un defensor. 
  • 4-1 (min.32) Saque longo de Kuka sobre Luis, que sae en velocidade, e anota a bote-pronto á porteria valeira.
  • 4-2 (min.33) Julio recolle un rexeite de Kuka e marca.
  • 4-3 (min.38) Xogada colectiva co porteiro-xogador, e Julio que remata cruzado ó borde da área pequena.
  • 5-3 (min.39) Roubo e contra ante o porteiro xogador, asiste Alex, finaliza Jony a pracer.

No hay comentarios: