Vistas de página en total

miércoles, 12 de septiembre de 2018

XXVII COPA GALICIA FÚTBOL SALA

Como acontecera a tempada pasada, a S.D. Pazos F.S., quedou apeada ás primeiras de cambio da Copa Galicia, esta vez, a mans do A.D.F.S. Bueu.
Un encontro moi parello, con opcións de triunfo para ambos equipos, e no que ningún debeu quedar eliminado ata a lo menos chegar á quenda de penaltis. Comezamos mandando e poñéndonos por diante, para pasar a ver como lle daban a volta ó marcador, e nos facían sufrir para poder conseguir a igualada antes do descanso, 2-2.
O segundo tempo foi unha tolería, de idas e voltas, de rigurosas expulsións, superioridades, goles absurdos, e golazos. Espectáculo e emoción viviuse, diso non cabe dúbida.
Cando todo nos facía pensar na fatídica tanda, pecamos de ambición. Derradeira xogada, ataque, perda de bola en área rival, contrataque, e gol sobre a bocina (literal) que lle daba o pase ós locais, 7-6.
As caras eran un poema, pero tal vez mellor morrer asi, que pactando un acto de non agresión...tal vez.
Quedarse co positivo, que o houbo, como o esperanzador debut de Jony Costas, aderezado cun goliño, o dobrete de Alex, ou a casi tripleta de Jonas. Minutos de bo xogo, a entrega e compromiso de sempre, e a fé ata o derradeiro segundo, nunca mellor dito.
A mellorar moitas cousas tamén. Minutos de desconexión total, perdas e faltas ridículas, e como non, os erros non forzados.
Darlle a Noraboa e desexarlle sorte nesta andadura ó rival, e nós, xa a pensar nunha competición mais "terrenal".

No hay comentarios: