Vistas de página en total

martes, 30 de octubre de 2018

S.D. PAZOS Fútbol Sala 10 - 6 GONNABA O PARRULO "B"

Festival de goles na tarde do sábado no municipal de Pazos de Borbén.
Un encontro de escaso rigor táctico, e no cal os ataques se impuxeron claramente ás defensas.
O choque foi un deses vistoso e entretido para o espectador, pero non tanto para os adestradores, que seguramente nalgún momento pensaron en estourar as suas pizarras contra a parede.
5-3 campeaba no marcador ó descanso tras un primer tempo de reparto de golpes, no que os nosos, mostrarían maior efectividade de cara a porta.
No comezo do segundo, sería cando se definiría o partido, cuns bos minutos de ritmo alto por parte dos vermellos que colleron a contrapé ó rival.
Con todo, non habería tregua ata ó final, continuando coa tónica xeral, para rematar ó enfrontamento cun resultado impropio deste deporte.
Resumo explícito do que está a ser o equipo a estas alturas do campeonato, donde mestura minutos primorosos con outros realmente espantosos.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Kuka - Jony Costas(1) - Jony(1) - Luis(4) e Diego(1); Bizza, Jose, Pablo, Jonas(1), Alex, Alexis(1), Borja(1).
GONNABA O PARRULO "B": Angel - Diego - Alejandro P(1).- Alejandro A.(1). e Muriel; Joel, D. Naveira, A. Naveira(1) e Francisco(3).
GOLES:

  • 1-0 (min.3) Transición que deixa a Diego e Luis nun 2x1 co porteiro, e é o propio Diego o que transforma polo centro.
  • 1-1 (min.5) A. Naveira resolve diante de Kuka tras unha perda de Pablo.
  • 2-1 (min.9) Borja con Luis, paralela con Jony que a pon no segundo, e Alexis remata á rede de primeiras.
  • 3-1(min.10) Jony Costas en profundidade para a galopada por banda de Jony, asistencia deste ó segundo, e Luis que remacha en boca de gol.
  • 3-2 (min.10) Intercepción en media pista a un pase de Jony, e 2x1 con Kuka que finaliza Francisco.
  • 3-3 (min.15) Saque de banda, xogada persoal dun rival que se planta sen apenas oposición na área pequena, e asistencia a Francisco que marca en segundo remate.
  • 4-3 (min.16) Estratexia de corner que finaliza Luis cun chut cruzado.
  • 5-3 (min.19) Pase de Luis cara Jonas, bicicleta do seis ante o seu par, e uña cruzada coa dereita que se incrusta na escadra.
  • 6-3 (min.20) Xogada de inicio que materializa Borja anticipándose no segundo pau.
  • 7-3 (min.21) Jonas executa rápido un lanzamento de falta cara Borja, que no pivot, asiste de primeiras a Luis, que cruza ante a saida do porteiro.
  • 7-4 (min.29) Estratexia de corner que finaliza Alejandro A.
  • 8-4 (min.33) Pase en longo para Jony Costas,  que se desfai dun defensor, e define ante o meta.
  • 9-4 (min.34) Jonas rouba en campo contrario un pase no xogo de cinco rival, e dalla a Jony que marca a pracer.
  • 9-5 (min.36) Francisco de dobre-penalti.
  • 9-6 (min.38) Acción clásica de pivot de Alejandro P. que marca a media volta.
  • 10-6 (min.38) Saque longo de Kuka a Jonas que ante  o porteiro, cédella a Luis que trasnforma libre de marca.

No hay comentarios: