Vistas de página en total

martes, 6 de noviembre de 2018

SANTA ISABEL F.S. 6 - 10 S.D. PAZOS Fútbol Sala

A S.D. Pazos continua abonada ás goleadas, como se puido comprobar tralo encontro disputado en Outeiro de Rei.
O equipo mostrou contundencia, mantendo a dinámica do choque da xornada anterior, pero tamén, similar fraxilidade defensiva, excluindo a porteria. Somos un martelo en ataque, pero concedemos demasiado.
O dominio correu ó noso cargo en xeral, pero o marcador tal vez sexa desproporcionado, mais se temos en conta o primer tempo.
Ó descanso fómonos vencendo por 2-4, sendo as transicións por parte de ambos unha constante.
A chave estaría ó comezo do segundo tempo, cando eles non acertarían coas suas, en gran medida grazas a Kuka, e os nosos si o facían.
O 2-7 pechaba o partido, con mais de dez minutos por xogarse, e de ahí ó final, o xogo de cinco proposto polos locais desembocaría no abultado resultado final.
Mantemos o liderato outra semana mais, na que afrontaremos un duro envite na casa ante o Concello de Begonte F.S., novo, pero prometedor equipo da categoría.

SANTA ISABEL F.S.: Adrián, Fabián(1), Oscar, Francisco(1) e Javi Rio(2); Adrián L., Alberto, Jairo(2), Adrián S. e David.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Kuka - Jony Costas(2) - Jony - Luis(3) e Diego; Bizza, Jose(1), Jonas(1), Vidal, Alex(3), Aarón e Sergio.

GOLES:

  • 0-1 (min.2) Medida asistencia de primeiras de Diego ó desmarque de Luis, que no interior da área, controla, e define con tranquilidade.
  • 1-1 (min.4) Luis perde un pase de último home, que aproveita Javi Rio para bater a Kuka en segundo remate.
  • 1-2 (min.12) Xogadón colectivo. Jony Costas con Jony, doble parede deste con Luis, e o dez que asiste ó segundo pau onde se anticipa Alex.
  • 2-2 (min.14) Esta vez é Diego o que perde nun pase de iniciación, disparo ó pau, e rexeite que materializa Fabián.
  • 2-3 (min.16) Jony Costas recibe na frontal de Luis, senta ó seu par, e saca un trallazo a toda escadra.
  • 2-4 (min.17) 2x1, Luis tenta asistir a Jony ó segundo, corta o porteiro, pero o rexeite recolleo o propio Luis que marca por entre as pernas.
  • 2-5 (min.25) Estratexia de banda que convirte Jose cun zapatazo exterior cruzado. 
  • 2-6 (min.27) Diego para Luis que se vai en velocidade, e no man a man co porteiro, define cunha espectacular vaselina.
  • 2-7 (min.28) Saida ó contragolpe, Jony Costas a Jonas, este a Jose en profundidade, e bola a Alex que machuca no segundo.
  • 2-8 (min.29) Alex teima na presión en área rival ante o porteiro xogador, faise co balón, recurta a un defensor, e fundea na rede.
  • 2-9 (min.32) Jony Costas rouba no xogo de cinco rival, e marca dende a sua propia área cun golpeo cheo de calidade. 
  • 3-9 (min.32) Jairo finaliza unha acción co porteiro-xogador.
  • 4-9 (min.33) Repite Jairo noutra combinación en xogo de cinco.
  • 4-10 (min.36) Superioridade 4x3 ó noso favor, saida á contra do rival, roubo de Jony Costas, conducción, e asistencia ó segundo que transforma Jonas.
  • 5-10 (min.36) Francisco en elaboración co porteiro-xogador.
  • 6-10 (min.38) Javi Rio empurra no segundo pau nun 5x4, con excasa oposición.  

No hay comentarios: