Fomos capaces de por o choque moi de cara mediado o segundo tempo, donde non pasabamos excesivos apuros, e governabamos no electrónico por 1-3.
Ata cinco lanzamentos ó poste contabilizamos no encontro, dous de Alexis, dous de Vidal, e un de Jonas, antes de que eles conseguiran darlle a volta ó resultado. Por iso, entre outras cousas, doe tanto esta derrota.
Pasamos do posible 1-4 nun contragolpe 3x2, a perdela, e encaixar o 2-3, para despois, nun minuto, cometer dous erros, que darían lugar ó resultado final.
Desaprobeitamos a ocasión de darlle a estocada a un perigoso rival, metido de novo na loita por unha liga super igualada.
A.D.F.S. BUEU: Fiou - Roma(3) - Gil - Rodrigo e Martín; Simón, P. Durán, Chelito(1), Carlos, Mario e Alejandro.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Jonas - Alexis - Luis(1) e Borja(1); Martín, Jony Costas, Vidal, Jony, Alex(1) e Sergio.
GOLES:
- 1-0 (min.4) Contragolpe, Luis divide mal, e Roma bate a Bizza cun tiro cruzado que roza no propio Luis.
- 1-1 (min.10) Alex intercepta un pase en primeira liña de presión, e define raso ante Fiou.
- 1-2 (min.13) Finta de Jony que se vai por banda, e pase da morte que materializa Luis.
- 1-3 (min.24) Contra 3x2 que leva Jony Costas, e a sua asistencia finalizaa Borja de primeiras cruzando á escadra.
- 2-3 (min.28) Perda de bola nun 3x2, e réplica idéntica que si aprobeita Roma para marcar coa punteira.
- 3-3 (min.33) Estratexia de corner, e chut lonxano de Chelito que entra logo de dar no pau e en Bizza.
- 4-3 (min.34) Cabalgada por banda de P. Durán, Borja, chega sobrado ó seu encontro pero dubida, e pase cara atrás do xogador local que empurra a pracer Roma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario