Vistas de página en total

sábado, 22 de diciembre de 2018

S.D. PAZOS Fútbol Sala 6 - 4 RED BLUE VIGO 2015

Unha victoria mais para a S.D. Pazos F.S., a cal lle permite manter o liderato, e de paso, depender de si mesma para tentar pechar o ano no alto da clasificación.
Comezaba extraña a tarde, pois o mal estado que presentaba o terreo de xogo, outra vez a dichosa condensación, obrigaba ó club a buscar unha rápida alternativa.
A querencia por parte de todolos interesados en que se disputara o encontro, permitiu que este, se puidera levar a cabo no pavillón municipal A Marisma de Redondela.
Dende aquí agradecer a máxima colaboración, tanto da Concellería de Deportes de Redondela, como do Redondela F.S..
Partido competido, e entretido para o espectador, no que alternamos momentos de bo xogo e dominio, con outros non tanto.
Os rivais un pouco o agardado. Dinámicos e combativos, víronse superados en fases, pero serían quen de manterse sempre con vida e metidos de no encotro.
O 3-2 ó descanso, e o 6-4 final, son claro exemplo do anteriormente mencionado.
O mellor dos vermellos, a capacidade de manterse sempre por diante no electrónico, e de devolver o golpe de inmediato, cada vez que eles recurtaban distancias.
Destacar a xeira anotadora de Alexis, que tralo poker conseguido no choque aprazado, neste,  lograba unha tripleta no que sobresairon dous auténticos golazos.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Jony Costas - Jony(2) - Vidal e Luis(1); Rodri, Jonas, Alexis(3), Alex, Borja, Diego e Sergio.
RED BLUE VIGO 2015: Anxo - Gandara(1) - Diego - Alejandro(1) e Oscar; Adán, Tomás, Fabio e Borja(2).
GOLES:

  • 1-0 (min.6) Pase interior de Jonas, e Alexis de costas ó arco, define co calcaño.
  • 2-0 (min.10) Luis vaise por banda do seu par, e bate ó porteiro por entre as pernas na sua saida.
  • 2-1 (min.11) Roubo na presión sobre Alex, e gol de Borja ante Bizza.
  • 3-1(min.16) Jonas con Luis de pivot, e deixada deste de primeiras para Jony, que gaña a banda, e a reventa de punteira cruzada,
  • 3-2 (min.17) Gandara quebra a Jonas en media pista, vaise, e define cruzado ante a saida de Bizza.
  • 4-2 (min.21) Estratexia de corner, e zapatazo exterior de Jony que non é quen de desviar o  porteiro a pesar de tocala.
  • 4-3 (min.24) Estratexia de corner, e Borja que marca cun tiro cruzado ó borde da area.
  • 5-3 (min.29) Golazo de Alexis, que recurta a un defensor, e saca un misil lonxano que entra preto da escadra.
  • 5-4 (min.30) Saque de banda por alto, mal entendemento entre Jony Costas e Bizza, que aprobeita Alejandro para anotar.
  • 6-4 (min.39) Estratexia de corner, pisada de Luis, define por baixo Alexis.


No hay comentarios: