Vistas de página en total

miércoles, 12 de diciembre de 2018

S.D.PAZOS Fútbol Sala 8 - 0 CONCELLO DE BEGONTE F.S.

A S.D. Pazos retomou a senda do triunfo trala sua victoria diante do Concello de Begonten F.S., no encontro correspondente á xornada oito, aprazado no seu día polo mal estado que presentaba o terreo de xogo.
Os visitantes presentáronse en Pazos coa intención de facer un xogo combinativo, pero enfronte, topáronse coa incesante presión vermella, que remataría por desarvolar por completo o  plantexamento lugués.
Bo partido dos de Fran, moi concentrados, certeiros en ataque, e comprometidos en tarefas defensivas.
Todo isto unido, permitiríanos ir ó descanso cunha "cómoda" renta, 3-0.
Continuou o equipo igual no segundo periodo, sobretodo nos primeiros minutos, o que remataría por tumbar a moral luguesa, que así e todo, non deixaría de tentalo en ningún momento.
A porteria local defendida primeiro por Bizza, e nos compases finais por Martín, mostraríase infranqueable, co que por fin, conseguíamos rematar un partido sen encaixar.
Como mención positiva, destacar o debut esta tempada de dous xogadores xuvenís, Martín e Dani, que pasaron o corte con nota.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Jony Costas - Jony(1) - Alexis(4) e Alex; Martín, Jonas(1), Vidal, Luis(2), Dani, Borja e Sergio.
CONCELLO DE BEGONTE F.S.: Hugo - Brais C. - Jairo - Yago e Alejandro; Daniel, Brais A. e Ricardo.
GOLES:

  • 1-0 (min.3) Estratexia de corner que finaliza Alexis no interior da área.
  • 2-0 (min.8) Acción individual de Alexis, que quebra ó seu par, e anota cun chut raso.
  • 3-0 (min.14) Saida ó contragolpe por medio de Jonas, que conduce, e bate ó porteiro cunha uña cruzada no man a man.
  • 4-0 (min.21) Trallazo dende a lateral de Alexis, e rexeite do porteiro que caza Luis para reventala na rede.
  • 5-0 (min.22) Paralela Jony Costas- Alexis,  disparo que desvia o porteiro, e de novo Luis coa caña preparada, para adentro.
  • 7-0 (min.26) Saque rápido de corner que transforma Alexis igual que no primeiro gol.
  • 8-0 (min.28) Balón de Vidal que a pon no segundo pau para que empurre Alexis.
  • 8-0 (min.33) Rouba Jony en media pista, xoga con Jony Costas, que asiste ó segundo pau donde marca Jony vindo en carreira.


No hay comentarios: