Vistas de página en total

viernes, 25 de enero de 2019

RIBEIRA F.S. 5 - 8 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Importantísima vitoria dos nosos rapaces na cancha dun rival directo, que lle permite rematar a primeira volta do campeonato coma líderes en solitario.
Espectacular encontro o vivido na tarde do domingo no municipal de Lugo, con alternativas no marcador, e que non se decidiría ata o tramo final.
Os locais amosaron o porque da sua notable tempada, cun fútbol sala elaborado e de ritmo continuo, pero enfronte, atopáronse cun rival coraxudo, sacrificado, e que se está fino te mata nas transicións, e iso foi o que ocorreu.
O primer tempo foi de maior dominio local, onde os vermellos, trataron de defender e contragolpear, pero no que non se sentiron cómodos prácticamente en ningún momento.
Ainda que sempre se mantiveron dentro do partido, Kuka, veríase obrigado a salvar os mobles en mais dunha ocasión.
No segundo, o equipo melloraría considerablemente. Presión alta, mais xogo, e unha mordente e ambición que sería a que o levaría á consecución dos tres puntos.
Cabe louvar o traballo de TODOS, do mencionado Kuka, dun infatigable Borja, o oportunismo de Diego... pero non se pode deixar sen salientar especialmente, o impecable traballo defensivo de Alexis. Infranqueable se mostrou o dorsal once.
Tocou remontar, ir a polo partido, poñelo de cara, e defender coma cans o resultado.
Semella que os vermellos, están dispostos a pelexar outra liga.

RIBEIRA F.S.: David - Quintela(1) - Francisco A. - Lobeiras e Pablo(2); Iago, Francisco J., Marcos, Javier, Carlos, Diego(2) e Cley.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Kuka - Jonas - Alexis(1) e Luis(2), Martín, Jony Costas, Jony(2), Alex, Vidal(1), Diego(2) e Sergio.

GOLES:

  • 0-1 (min.5) Vidal xoga con Jony Costas, que se vai por banda, e a pon no segundo pau onde remacha Diego.
  • 1-1 (min.7) Cesión, e libre indirecto que transforma Diego.
  • 1-2 (min.8) Contragolpe 3x2 que monta Jony polo centro, e el mesmo converte de punteira por entre as pernas do porteiro.
  • 2-2 (min.14) Acción en banda, e pase da morte que remata Francisco.
  • 3-2 (min.22) Estratexia de banda con balón directo ó segundo pau que finaliza Pablo.
  • 3-3 (min.29) Pase de Alexis cara Luis, que dispara de primeiras, e o porteiro non consegue atalllar.
  • 3-4 (min. 31) trallazo cruzado de Luis ó longueiro, e o rexeite que o caza atentísimo Diego.
  • 4-4 (min.34) Xogada individual por banda, e balón ó segundo pau que so ten que empurrar Quintela.
  • 4-5 (min.35) Contra, e balón preciso de Jony Costas ó segundo pau para que anote Vidal.
  • 4-6 (min.38) Roubo ante o porteiro-xogador, e o balón rexeitado, dallo Luis en longo a Jony para que a rebente na rede.
  • 4-7 (min.39) Roubo en primeira liña de presión ante o porteiro-xogador, e Luis que marca a porta valeira.
  • 5-7 (min.39) Penalti que executa Pablo.
  • 5-8 (min.39) dobre-penalti que materializa Alexis.







No hay comentarios: