Un encontro que costou o seu sacar adiante, en gran medida, por culpa dunha "inusual" falta de acerto de cara a portería.
Non se lle pode restar ningún tipo de mérito ó rival, que sobretodo no primeiro tempo, tamén fixo empregarse a fondo a Kuka, pero é que os nosos, tivéronas de tódalas cores.
Os primeiros vinte minutos resultaron bastante parellos, onde os de Fran, apenas conseguirían ter continuidade.
Reparto de ocasións, e empate a un gol co que os dous conxuntos se retiraban á caseta.
No segundo periodo melloraría o conxunto vermello, que así e todo, tardaría mais da conta en poñerse por diante no electrónico.
De novo Alexis, en estado de graza de cara a porta, sería quen lograría o 1-2, que non a tranquilidade, porque o equipo continuaría a dilapidar opcións.
Dous paus de Luis, un de Jony... e varios erros clamorosos, condenábannos a sufrir ata o final.
Cun Kuka soberbio salvando ós seus achegamentos, Jony Costas nos derradeiros segundos, pecharía o encontro cun golpeo cheo de calidade ante o porteiro-xogador.
C.P. CASÁS: Pablo F. - Rafael - David A. - Julio e David L.(1); Juan M., Jacobo, Miguilla, Jose, Pablo A., Ignacio e Juan J.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Kuka - Alexis(2), Jony, Luis e Sergio; Carnero, Jose, Jony Costas(1) e Borja.
GOLES:
- 0-1 (min.3) Zapatazo exterior de Alexis, que sorprende por alto ó porteiro local, moi tapado por varios defensores.
- 1-1 (min.13) Saque longo do porteiro ás nosas costas tras un saque de esquina, e David L. que bate a Kuka a bote-pronto.
- 1-2 (min.27) Alexis colle un rexeite en liña de puntos, e marca por entre as pernas do porteiro.
- 1-3 (min.39) Roubo ante o porteiro-xogador, e Jony Costas que anota dende media pista cunha perfecta parábola.
No hay comentarios:
Publicar un comentario