Vistas de página en total

viernes, 8 de febrero de 2019

S.D. PAZOS Fútbol Sala 2 - 4 A ESTRADA FUTSAL

Batacazo en toda regla da S.D. Pazos ante o colista da categoría, na que supón a primeira derrota da tempada en "Anfield".
Os nosos, non foron capaces de demostrar a suposta diferencia que marca a taboa clasificatoria, e ainda por riba, tampouco tiveron ese chisco de sorte tan  necesaria neste tipo de partidos.
Nada que obxetar á victoria visitante, xa que souberon xogar ben as suas bazas forzando a nosa desesperación.
Ritmo inalterable, paciencia, defensa ferrea en liña de puntos, e alternando balón ó pivot co porteiro-xogador.
Reparto de ocasións no primeiro tempo, con Kuka exercendo de salvador en alomenos dous mans a mans, e tres tiros ó pau por parte vermella. Luis, aliado con eles ultimamente, Jony Costas, e Alexis.
No último suspiro, a evitable expulsión de Alexis, condenaríanos a iniciar o segundo tempo cun home menos.
Defendemos con nota o 3x4, pero á falta de tres segundos, o infortunio cebábase con Borja, que introducía a bola en propia meta logo de realizar un traballo colosal.
Co partido en contra, foi tal vez cando o equipo mais se pareceu a el mesmo. Mono de traballo, e as ocasións que non tardarían en chegar.
Tivemos varias ata atopar o gol de Jonas, 1-1, e minutos mais tarde, Diego, que xa esnaquizara a cruceta anteriormente, conseguía por fin, poñernos por diante no marcador.
Neste momento debemos ir a pechar o encontro, co rival tocado tamén pola sua delicada situación, e entón caemos na "relaxación".
Escatimamos esforzo, e o fútbol sala castigou esa situación.
Gol nun contragolpe, e golazo nun saque de corner...2-3, e para casiña, como se adoita decir.
O derradeiro gol sería xa un agasallo co porteiro-xogador.
Derrota dura, que nos deixa a análise clara de que ou nos vaciamos na pista, ou gañar resulta complicado.
A Estrada Futsal non é o peor equipo da liga, evidentemente, e menos contra nos, que nos coñecen á perfección, pero a realidade actual é a que é.
Sirva de reflexión, que logramos contra eles un punto de seis posibles.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Kuka - Jony Costas - Alexis - Luis e Borja(1 p.p.); Martín, Jose, Jonas(1), Jony, Alex, Diego(1) e Sergio.
A ESTRADA FUTSAL: Cesar - Eduardo - Martín Varela - Kinso(1) e Moro; Rafita(1), Gonzalo, José A.(1), Carlos e Francisco.

GOLES:

  • 0-1 (min.21) Superioridade 3x4, e bola ó interior da área que da en Borja e se vai adentro.
  • 1-1 (min.27) Roubo de Luis en media pista que xoga en profundide con Jonas, e punteira cruzada deste ante Cesar.
  • 2-1 (min.28) Diego caza un rexeite ó borde da área, e con calidade, pona no pau longo lonxe do alcance do porteiro.
  • 2-2 (min.35) Roubo, parede co pivot, e 2x1 con Kuka que detén en primeira instancia, pero que xa non pode co rexeite.
  • 2-3 (min.37) Estratexia de corner, e estratosférica semi-volea cuzada á escadra de Rafita.
  • 2-4 (min.39) Perda no saque do porteiro-xogador, e Kinso que anota por alto dende media pista.



No hay comentarios: