Un partido emocionante e entretido para o público presente no municipal, que para esta ocasión, rexistrou unha gran entrada.
A nos, quedounos un sabor mais ben amargo, por que a pesar de enorgullecernos por ver ós vermellos deixándose todo na pista , a sensación xeral, é a de que fuxiron dous puntos.
O equipo saiu a por todas, como debe ser nun conxunto con aspiracións, e ainda que foi mellor ante un moi bo rival, non foi capaz mais que de irse ó descanso con empate a tres goles.
Penalizounos a falta de definición, ou o que é peor, os tres erros de bulto que cometemos en defensa.
Desperdiciamos opcións de gol, si, pero así e todo, metemos tres goles, o malo, foi o xeito de defender unha transición e dous corners.
Contra un rival con oficio, e que aprobeita case todo, pecado mortal.
O segundo tempo iría mais ou menos polos mesmos derroteiros, logrando incluso poñernos por diante cun remate de Diego, ata a xogada clave mediado este periodo, que para nos, marcaría o sino do partido.
Luis vaise do seu par cara porta, pero non define ante a saida do porteiro. Contragolpe deste, perseguido polo propio Luis, que no borde da área, consegue arrebatarlle a bola con total limpieza.
Os colexiados, ante a rapida acción, deciden sinalar o punto fatídico.
Gol de Guerra, e o desconcerto e frustración que se instalaba nos nosos xogadores.
Para mais inri, na xogada seguinte, un bastante mais claro empurrón sobre Diego en área rival, quedaba sin pena algunha.
Os derradeiros minutos a tumba aberta, puideron traer consigo calquer tipo de desenlace. Finalmente, taboas, que manteñen todo prácticamente como estaba.
A peor noticia, a mais que probable lesión de longa duración de Borja, moi similar a xa vivida hai uns meses. Moito ÁNIMO ó nos dorsal 12¡¡¡.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Kuka - Alexis - Jony(2) - Luis e Borja; Martín, Jose, Jonas, Vidal(1), Diego(1) e Sergio.
GRI CARBALLIÑO F.S.: Alejandro - Aitor - David(2) - Angel e Hector ; Daniel, Kevin, Guerra(2), Gilberto, Jorge e Aaron.
GOLES:
- 1-0 (min.1) Elaboración vermella, recibe Jony en liña de puntos, perfílase, e saca un chutazo cruzado que entra pola escadra a pesar dos esforzos de Alejandro.
- 1-1 (min.3) Estratexia de corner que finaliza David en segunda xogada.
- 1-2 (min.6) Contragolpe, e pase ó segundo pau que materializa Guerra.
- 2-2 (min.10) Alexis combina con Vidal, que dende a lateral, golpea de primeiras, poñéndoa en toda a escadra do pau longo. GOLAZO¡¡¡.
- 3-2 (min.16) Luis rouba en primeira liña de presión, e en segundo intento, asiste a Jony que empurra a pracer.
- 3-3 (min.17) Xogada prácticamente calcada a do 1-1, co mesmo protagonista, David.
- 4-3 (min25) Xogadón ó primeiro toque dos vermellos. Luis en profundidade para Jonas, e este para Diego ó segundo pau, que remata con todo á rede.
- 4-4 (min.32) Penalti que transforma Guerra ante Kuka, que non detén por pouco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario