Vistas de página en total

sábado, 23 de febrero de 2019

T. ABC I.E.S CORUXO F.S. 5 - 4 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Xa podemos falar sen medias tintas, de crise de resultados na nosa entidade.
A derrota en Coruxo, onde a sorte nos volveu a ser esquiba, confirma o anteriormente dito, acadando tan só un punto nas tres últimas xornadas.
O lado positivo e que creemos que en ningún partido fomos inferiores ó rival, nin moito menos, pero os resultados son os que mandan.
En Vigo caemos derrotados básicamente por cometer o mesmo erro de sempre na cancha deste rival, tirar ó lixo os minutos iniciais.
Nesta ocasión non ía ser menos, e cando nos metemos realmente no choque, xa caiamos por 3-0.
Dez minutos frouxos, ainda que non para recibir tal castigo, ós que respostamos cheos de coraxe.
Antes do descanso igualábamos a contenda, facendo méritos para ainda mais, pero Toni, gardameta local, non estaría pola labor.
No segundo tempo volveríamos a recibir cedo un mazazo, logo de dispor de varias moi claras para adiantarnos, pero e que a fortuna de cara porta actualmente anda lonxe de Pazos.
Kuka, normalmente salvador, fallaba nunha saida e os locais volvían a tomar ventaxa.
Veña a remar, e de novo que establecíamos as taboas, 4-4.
Con todo a favor para disputar ben os minutos finais, a pólemica faría acto de presenza.
Penalti a favor dos locais, por un suposto agarrón de Alexis, que ademais supoñía a sua expulsión, nun saque de banda lateral.
Gol de Parra dende o punto fatídico, e xa sería nadar contra corrente para tentar puntuar.

T. ABC I.E.S. CORUXO F.S.: Toni - Parra (1)(2p.p.) - Bruno(2) - Jorge e Samuel(1); Javier, Quique, Pablo A., Iago(1), Martín, Oliver e Cristian.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Kuka - Jose - Alexis, Jony(1) e Luis; Martín, Jonas(1), Alex, Vidal, Diego e Sergio.

GOLES:

  • 1-0 (min.1) Semi-volea de Bruno nun corner, que Kuka non alcanza a deter tapado por un rival
  • 2-0 (min.8) Dobre-penalti que tranforma cun potente chut Iago.
  • 3-0 (min.13) Conducción polo medio de Bruno que non saimos a tapar, e disparo que sorprende a Kuka.
  • 3-1 (min.15) Saque de banda directo de Jonas que bate en Parra e se vai adentetro
  • 3-2 (min.17) Jony recibe na frontal, e saca un zurdazo que non consegue atallar Toni.
  • 3-3 (min18) Dobre-penalti executado á perfección por Jonas.
  • 4-3 (min.23) Kuka mide mal  nunha saida para despexar un pelotazo en longo, e Samu que marca á porta valeira.
  • 4-4 (min.24) Bola ó segundo pau cara Diego, que dispara, e entre Toni e Parra rematan por metela para adentro.
  • 5-4 (min.27) Lanzamento cruzado de Parra dende o punto de penalti.



No hay comentarios: