Vistas de página en total

sábado, 4 de mayo de 2019

CAMPITO F.S. 3 - 5 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Victoria sen lustre da S.D. Pazos no "derbi" contra o Campito F.S..
Un partido de necesidade absoluta para poder seguir soñando, e que se saldou cun triunfo merecido, pero ensombrecido pola imaxe de pouca fiabilidade que amosaron os nosos en moitas fases.
Sairon os vermellos concentrados, e aparentemente sabedores do que se xogaban. Pronto se porían por diante, e conseguirían unha renta de tres goles, que de non ser pola gran actuación de Xorxe baixo paus, ainda puido ser mais ampla.
A partir de ahí, baixón de intensidade, incluso de actitude, e derradeiros minutos do primer tempo e comezo do segundo pésimos, que aprobeitarían os da casa para lograr unha "sorprendete" igualada.
Mérito deles por non tirar a toalla, e total demérito visitante.
Mal que ben, o equipo conseguiría reporse, e cun cambio prestacional notable, sería quen de lograr dous goles case consecutivos, que a postre resultarían definitivos.
Non é o camiño este para tentar chegar con vida ó desenlace do campeonato.
Restán cinco encontros durísimos, e o que non pode ser negociable é a ambición.

CAMPITO F.S.: Xorxe - Simón - Rubén - Dani(1) e Alfredo; Marcos, Antón, Javier, Gabriel e Fredo(2).
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Kuka - Alexis(1) - Jony(1) - Luis(2) e Sergio; Bizza, Pablo, Jose, Jony Costas, Jonas(1), Vidal e Sergio.

GOLES:

  • 0-1 (min.3) Conducción, e zapatazo raso típico de Alexis dende liña de puntos.
  • 0-2 (min.9) Luis colle un rexeite de Xorxe e meteo na rede.
  • 0-3 (min.11) Controgalpe, e Jony que aprobeita outro rexeite de Xorxe para anotar en posición forzada.
  • 1-3 (min.17) Bola que remata no segundo pau, e que empurra libre de marca Fredo.
  • 2-3 (min.18) Fredo escorado recurta a Sergio, e bate a Kuka polo primer pau.
  • 3-3 (min.22) Dobre parada de Kuka, e bola rexeitada que aprobeita Dani.
  • 3-4 (min.27) Chut de Jonas dende a frontal, e Luis atento, mete o pé para desviar e deixar sen posible resposta a Xorxe.
  • 3-5 (min.27) Contra que leva Alexis nun 3x2, cede a Luis, e pase da morte deste que materializa axustado Jonas.



No hay comentarios: