Vistas de página en total

sábado, 25 de mayo de 2019

S.D. PAZOS Fútbol Sala 6 - 1 5 CORUÑA F.S.

Cuarta victoria consecutiva para a S.D. Pazos Fútbol Sala, este vez diante do 5 Coruña F.S., a cal lle permite afrontar as duas derradeiras xornadas de campeonato mantendo candidatura ó titulo.
O encontro deste pasado sábado é de resumo sinxelo, dinámicas e obxetivos antagónicos, onde os nosos, quixeron e puideron mais.
Bo partido o realizado polos vermellos, mentalizados en que tan só valía gañar, e no que non se podía dar nin un ápice de esperanza ó rival.
Primer tempo completo, ainda que mais competido do debido, en gran parte, por non concretar as ocasións, o que mantiña ó contrario totalmente metido no partido.
O 1-0 ó descanso non erá reflexo do acontecido, pero obrigaba ós nosos a mellorar, alomenos para tentar evitar os habituais e tormentosos minutos do final.
O equipo saiu concentrado, e en busca da meta rival. A raiz do 2-0, xa todo sería, entre comiñas, coser e cantar.
Nos intres finais, os presentes, poderían disfrutar do sen dúbida mellor gol da tempada vermella, e probablemente do campeonato, Alexis sería o seu autor.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Kuka - Pablo - Alexis(1) - Jony(1) e Luis(3); Bizza, Jose, Jony Costas, Jonas, Vidal, Diego e Sergio(1).
5 CORUÑA F.S.: Oscar - Rodrigo - Fernando(1) - Presno e Adrián; Daniel P., Pablo, Diego, Lukas, Daniel D. e Guillermo.

GOLES:

  • 1-0 (min.15) Disparo de Jonas dende a lateral que toca Sergio, despistando por completo a Oscar.
  • 2-0 (min.26) Pase en profundidade cara Pablo, que asiste preciso a Luis ó segundo pau, quen a remacha á rede.
  • 3-0 (min.33) Jony Costas cara Luis, e pase da morte deste de primeiras, que finaliza Jony.
  • 4-0 (min.35) Obra de arte de Alexis. Pase filtrado de Jony Costas sobre o once, e "lambretta" descomunal deste para definir no man a man diante de Oscar. GOLAZOOO¡¡¡.
  • 4-1 (min.36) Pase ó segundo pau en xogada de cinco que non consegue atallar Kuka, e a bola que queda franca ós pes de Fernando.
  • 5-1 (min.37) Luis caza un rexeite en liña de puntos, e anota cun golpeo de primeiras.
  • 6-1 (min.38) Roubo de Luis ó porteiro-xogador en media pista, carreira, e bola para adentro.


No hay comentarios: