Vistas de página en total

sábado, 25 de mayo de 2019

XORNADA 29

Penúltima xornada ligueira, e total incógnita de enfrontamentos para os dous primeiros clasificados.
Non pode haber mais similitudes nos partidos que nos afectan a ambos, coa salvedade, de que o Ribeira F.S. exerce de local, e nos, de visitantes.
Os rivais, para os vermellos ó Sport Sala Culleredo, para eles, a A Estrada Futsal.
Ningún dos dous se xoga prácticamente nada, mais que a honra, e poder escalar algún posto na taboa clasificatoria, pero os dous teñen fútbol sala para regalar.
Os de Fran terán enfronte a calidade e veteranía, de Socastro, Vituco ou Oscar entre outros, mentres que os lucenses, recibiran ós Moro, Sesar ou Kinso.
Confianza dende logo non se pode ter, porque como se leva visto ó longo desta campaña, ningén regala absolutamente nada.
Para este vital encontro, Fran non poderá dispor nin de Bizza, nin de Jonas, que caía lesionado no último adestramento, ademais da xa sabida de Borja.
Alex, logo dun mes afastado dos terreos de xogo por lesión, regresa a unha convocatoria.

SPOR SALA CULLEREDO - S.D. PAZOS Fútbol Sala
DATA: 25-05-19 HORA: 17:00 LUGAR: Pavillón municipal de Tarrio.

CONVOCATORIA:

  • Kuka
  • Martín
  • Jose
  • Pablo
  • Jony Costas
  • Alexis
  • Alex
  • Vidal
  • Jony
  • Luis
  • Diego
  • Sergio
BAIXAS:

  • Borja (lesión)
  • Jonas (lesión)
  • Bizza (motivos persoais)

No hay comentarios: