Vistas de página en total

viernes, 31 de mayo de 2019

SPORT SALA CULLEREDO 4 - 8 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Conseguido. Os nosos rapaces acadaron o obxetivo que se propuxeran, e chegarán á derradeira xornada do campeonato dependendo de si mesmos para poder alcanzar o título ligueiro.
Non foi tarefa sinxela o encontro de Culleredo, mais ben todo o contrario, xa que o rival, dando mostra da sua integridade e competitividade, puxo todo da sua parte para que voltásemos a Pazos de valeiro.
O feito de optar pola táctica do porteiro-xogador a maior parte do tempo, e xa dende o primer momento que se viron por debaixo no marcador, fala ás claras das suas intencións.
Agardábanse boas doses de fútbol sala deste partido, pero nada mais lonxe da realidade.
O xogo de cinco antes mencionado, xunto coa inquedanza vermella, desembocaría nun choque algo tosco, donde o mais reseñable sería a tensión que se mascaba.
Os de Fran, non atoparon o ritmo nin continuidade en ningún momento, froito tamén, das trabas que poñía o contrario, pero farían gala dun compromiso e coraxe envexable. Só así, se puido sacar este encontro para adiante.
Adiantámonos no primer minuto, e logo tocou defender e tratar de aproveitar todo, ou case.
Contragolpes, transicións, estratexia, pelota parada...
2-4 ó descanso, pero coa previsión clara de que ainda restaba moito por suar.
Mesmos modos tralo intervalo, con Kuka salvador cando era necesario, e finalizando a maior parte das ocasións, que era o que requería a situación.
O 2-7 a falta de dez minutos, e con obxetivos tan dispares, semellaba definitivo, pero a sua voluntade, faría que as espadas estivesen en todo o alto ata o derradeiro suspiro.

SPORT SALA CULLEREDO: Castro - I. Socastro - Vituco(2) - Andrés e Fernando; Jorge, Iván, Oscar(1) e Alejandro(1).
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Kuka - Jony Costas(1) - Alexis(2) - Jony e Luis(3); Bizza, Jose, Pablo, Alex, Vidal, Diego(2) e Sergio.

GOLES:

  • 0-1 (min.1) Falta directa que transforma Alexis cun potente disparo cruzado raso.
  • 0-2 (min.6) Estratexia de banda, carreira de Jony, e asistencia cara Luis que se anticipa ó defensor para anotar.
  • 1-2 (min.7) Estratexia de banda que aproveita Alejandro para empurrar libre de marca.
  • 1-3 (min.14) Slalom de Jony por banda, e pase da morte que finaliza á perfección Diego.
  • 1-4 (min.18) 3x2 que leva Jony, el mesmo finaliza, e o rexeite do porteiro meteo na rede Luis.
  • 2-4 (min.19) Deixada de Iván cara Vituco, que marca cun duro chut exterior.
  • 2-5 (min.22) Luis rouba na presión ó porteiro xogador, e vaise nunha carreira que remata na meta rival.
  • 2-6 (min.28) Contra 2x1 co porteiro de Luis e Alexis, o dez cédella ó 11, e deixada deste a Jony Costas, que finaliza por alto tras sentar a dous rivais.
  • 2-7 (min.29) Gran gol lonxano de Diego, que finaliza por alto con tranquilidade, un rexeite a porta valeira.
  • 3-7 (min.30) Vituco transforma no segundo pau tras unha perda en saida de presión.
  • 4-7 (min.31) Oscar bate a Kuka por abaixo nun balón que queda ó borde da área.
  • 4-8 min.39) Contragolpe, e Alexis que a escacha ante o porteiro-xogador.

No hay comentarios: