Vistas de página en total

domingo, 30 de enero de 2011

Partidazo contra o Baitra

Tanto Baitra como SD Pazos chegaban a este partido sabedores de que seria un envite importantisimo(nunca definitivo) para o desenlace da liga, xa que ademais de 3 puntos tamen estaba en xogo o goal-average, e tendo en conta isto probablemente se vira o mellor partido do que vai de liga autonomica, rematando o partido con empate a 6.
O resultado consideramolo xusto pois ambolos dous equipos dedicaronse a xogar un bo partido, sempre disputado pero ante todo deportivo no cal nos adiantariamos no marcador nunha xogada de mala sorte do equipo de Baiona pois marcaban en propia porta, ata este momento podese considerar que o Baitra estaba sendo superior pero sen crear ocasions, pero a raiz de este momento dispuxemos de claras ocasions como foron 2 balons ao pau(outros 3 na segunda parte) ou unha gran parada do porteiro visitante nun man a man con eloy, pero o Baitra reaccionaria e iriase o descanso con un 1-2 a favor.
Na volta do descanso o partido foi intensisimo e o resultado tivo variacions continuas durante todo o segundo tempo, no cal estivemos por diante outras 2 veces e por detras outras duas, ata o 6-6 final.
A falta de 56 segundos e xa con 6-6 e a pesar de ser sabedores de que o empate nos valia mais a nos q a eles(goal average a prol noso) o equipo tomou o risco de poñer porteiro xogador, isto demostra a gran confianza que temos no noso xogo, e deixa as claras que o equipo e ambicioso e non se conforma con nada.

Xa a titulo persoal teño que dar a noraboa a todos e cada un dos compoñentes deste plantel(mencion especial a Esteban polo dobre traballo realizado), pois a temporada que se esta facendo e espectacular, e estan superando con creces as previsions iniciais, sorte chavales e a seguir traballando que o obxectivo esta un pelo mais cerca.

No hay comentarios: