Vistas de página en total

domingo, 6 de marzo de 2011

O importante: outros tres puntos

Victoria "comoda" por 2-3 en Tuy que nos acerca un pasiño mais ao titulo, pero a pesar disto o equipo mostrou probablemente a peor cara da temporada.
Fomos un equipo apatico en ataque e un tanto febre en defensa, xa que o equipo tudense creounos numerosas ocasions con pases de mais de 25 metros as espaldas da defensa, a pesar disto o partido foi bastante comodo xa que nos fomos ao descanso con 0-3, e este resultado mantivose ata os ultimos 5 minutos cando un destes numerosos balons longos creou unha indecision entre Esteban e Fon e acabou dentro da nosa porteria, pero nin tan sequera este gol dos locais fixo que o equipo espabilase e dese un golpe encima da mesa deixando claro o porque do noso posto na taboa, cousa que aproveitaria o Quinta Xestion para facer o 2-3 definitivo a falta de 6 segundos para o remate.
Igual que cando se pelexa e xoga ben se di, esta vez hai que dicir que xogando asi FALTANOS MOITO PARA SER UN EQUIPO CAMPION.

O importante e que sumamos os tres puntos e falta un partido menos para a finalizacion, agora 2 partidos seguidos na casa, onde intentaremos dar un toque casi definitivo a liga, ainda que esperemos que este partido ante o Quinta nos vala de exemplo para non fiarnos e relaxarnos ante ninguen.

Por ultimo desexar moita sorte ao Quinta Xestion FS, xa que o trato recibido en tuy podese considerar como sobresaliente.

No hay comentarios: