Vistas de página en total

viernes, 14 de octubre de 2011

LO - BE - LLE

Fantastica noticia a recibida no sorteo de onte dos cuartos de final da Copa Xunta, xa que nada mais e nada menos que o Autos Lobelle de Santiago sera o equipo que rinda visita a Pazos, polo que a fantastica temporada realizada o ano pasado segue dandonos premios e alegrias, xa que e a primeira vez que un equipo de Primeira Division visita Pazos de forma oficial.
Fantastica noticia que fara que poidamos ver no pabillon a xogadores como Aicardo,Barroso, Charly, Raul Campos ou Chaguinha entre outros.
Ademais dende o clube estase a traballar para que a Final Four desta competicion tamen se dispute no Municipal(ainda que e moi dificil logralo).

Antes do dia 30 de novembro poderemos ver a este equipo(4 veces campion da Copa Xunta, 1 Supercopa de España, 1 Recopa de Europa e 1 Copa de España ten no seu palamares)que tanta simpatia desperta na zona, nun primeiro contacto co clube Santiagues falouse da posibilidade do Martes dia de Novembro(festivos de todos os Santos), pero ainda non esta confirmado.

Esperemos que o Municipal presente un espectacular aspecto e para elo pedimos o apoio de todo o amante deste noso deporte nesta gran cita.

Na paxina do Lobelle tamen falan do encontro: http://www.autoslobellefs.com/index.asp-Q-N-E-determinados-los-cruces-de-cuartos-de-final-de-la-copa-xunta,76838320 ao igual que na do Azkar
http://pronelugoad.com/gal/amplia.asp?id=6436
Asi quedan os emparallamentos:

SD Pazos - Autos Lobelle
Bembrive FS - Azkar Lugo
Mera FS - Pescados Ruben Burela
Noia FS - Concello de Naron

Increible que o noso clube poida estar entre estes historicos do futbol sala galego.


O equipo senior rinde visita esta semana ao Melide FS as 18 horas onde espera sumar outros 3puntos importantisimos.

Pola sua banda os xuvenis despois de gañar 10-3 este mercores ao Nosas Ruas esperan practicamenete asegurar a Primeira Division gañando na sua visita ao Sol Invictus este domingo as 11 no Pabillon da Guia

No hay comentarios: