Páginas vistas en total

viernes, 14 de octubre de 2011

Entrevista en exclusiva a "Celo"

Hoxe pasamos a entrevistar a un xogador que saiu da canteira de Pazos, e que militou, entre outros moitos equipos, a parte da S.D. Pazos FS, no Marcote FS, no Olivo FS e na Escuela Deportiva Pazos (tanto en autonómica como na Primeira Nacional B). Este xogador é Marcelino Cernadas Fragueiro "Celo".
-¿Que sensacions che aportan esta retirada, deixando ó equipo na 3ª división do futbol sala galego?
Realmente non foi unha retirada definitiva. Sigo ligado a este deporte, xogando en dous equipos de liga local. Un deles, precisamente na liga local de Pazos; aproveito para felicitar a directiva do clube por organizar esta liga que nos permite a persoas coma min seguir na práctica deste deporte, É certo que retirarse por completo é moi complicado, despois de tantos anos ... Pero bueno hai que entender que se cerra un ciclo e que empeza outro novo.
-Tendo en conta os partidos disputados de Copa Xunta e o primeiro partido de liga,¿como ves ó equipo na presente temporada?
A sensación que inspira é, por un lado, que se encontran todos eles nun bo momento físico e que a idade que teñen os seus xogadores tamén axuda. Por outro lado penso que teñen que mellorar o seu xogo en canto a posesión de balón e a saber marcar os tempos de xogo. A veces parece que a impaciencia precipita ó equipo a perder o balón ou simplemente a regalarllo ó equipo contrario. Debemos ter en conta que este é un proxecto cunha plantilla moi nova, cunha media de idade de 24 ou 25 anos, por iso aínda lles queda moitísimo que madurar en canto a xogo.
-¿Crees que é posible que o equipo manteña a categoría?
Creo que non poden pensar unicamente na permanencia, teñen que ser máis anviciosos e pensar en estar entre os catro primeiros, sempre e cando o equipo traballe duro e non quede estancado na súa forma de xogo. Os resultados que se obteñen os sábados son froito do traballo diario, sen traballo non se acadan os bos resultados, iso está máis que claro.
Os resultados da pasada tempada, foron a imaxe dun traballo duro durante os entrenos, ese foi o desencadeante para que o presente equipo este militando na 3ª división.
-Falando da tempada en Autonómica, ¿que valoración lle das?
Unha tempada, en líneas xerais, moi boa a pena foi non por o broche de ouro participando no campeonato de España. Ese é un lastre que levo as costas e que vou a tardar en esquecer.
-¿En que aspectos pensas que ten que mellorar o conxunto?
Sobre todo, hai que ser moito máis compañeiro na hora de pedir un cambio cando se está cansado ou simplemente cando as cousas non están saíndo ben e hai compañeiros na banqueta que poden sair a pista e facelo mellor. Tamén é importante a humildade, que penso que foi algo que nos caracterizou a tempada pasada, e sen humildade e sen saber de donde saimos cada un de nós (das categorías inferiores do futbol sala de Pazos), non se pode chegar moi lexos.
E reitero, o traballo durante a semana, que é fundamental e é o que marcará a diferencia para que os resultados acompañen a este equipo.
-¿Que opinión che merece o resultado do partido Copa Xunta entre o Bembrive e os nosos?
Esperaba un resultado máis axustado. Tal vez un partido de ataque entre dous equipos que saben xogar o futbol sala. Aínda que non puiden asistir o partido, probablemente un exceso de confianza sea o desencadeante dun resultado así. Cando un equipo entra na pista pensando que sen traballo duro vai a conseguir un bo resultado, ocorren cousas coma estas.
-A túa despedida foi emotiva, ¿crees posible volver a fichar polo equipo?
A día de hoxe non. Con 34 anos xa, e pensado sobre todo en que agora dispoño de máis tempo para disfrutar da familia, non me vexo de novo en desprazamentos tan longos. Pero bueno, nunca se sabe ...
-En canto a Copa Xunta sabes que o cruce é co Autos Lobelle FS, ¿temos algunha opción?
Está claro que non!!!!! JaJaJa ... Non; en ningún momento penso en que se lle poida gañar o actual lider da primeira división do futbol sala español. Non é un partido para pensar en gañar senon todo o contrario, hai que pensar en disfrutar deste partido frente os grandes do panorama do futbol sala nacional e, sobre todo servirse deste partido para animar a xente a que acuda o pabellón e a raíz disto tentar que a afluencia durante a tempada sexa maior.
-Pra rematar, danos un resultado para ó fin de semana. Melide F.S. vs S.D. Pazos F.S
Descoñezo o xogo do Melide, e dar un resultado é moi complicado, ogalla os nosos volten cos tres puntos pero de seguro non vai a ser nada fácil. Ademáis o equipo conta con baixas importantes de cara a este partido, Eloi e Jose.
Esperemos poder puntuar.

Saúdos e espero que a tempada vaia ben para o noso equipo.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Grande Marcelo, sen dubida un espello para todos os xogadores da base do clube.

Bien Esteban, bien, vexo que o blog esta en boas amns contigo, jejejej.


Sabdo non podo ir a Melide, asiq moitos animos a todos.

Unha aperta

FRAN