Vistas de página en total

miércoles, 9 de noviembre de 2011

DERROTA IMPORTANTE FRENTE O CONCELLO DE VILAMARTÍN

O pasado sábado día 5, visitamos o Concello de Villamartín, un clásico entre os clubes da terceira división do noso futbol sala. O equipo, moi limitado polas numerosas baixas presentadas para este partido, saíu a pista un tanto acelerado en nervioso. Nos primeiros minutos tres fallos puntuales na defensa da Sociedade fan que o Vilamartín se sinta cómodo e se afiance no marcor. Co equipo encerrado a media pista para intentar aguantar o ritmo físico que supón un partido como este, é capaz de aproveitar as contras das que dispuxemos para chegar o descanso cun empate a 3 no marcador. Na segunda metade, durante o primeiro minuto, dispomos de duas ocasións claras das cales fomos capaces de convertir en gol unha delas, poñendo así o 3-4 no electrónico. Superioridade que durou ben pouco xa que no minuto seguinte o Vilamartín aproveita tres contras para poñer o 6-4 no marcador. O equipo segui buscando a portería contraria por medio de contras rápidas e finalización con disparos dende a frontal. Nunha xogada illada, na que unha saída a destempo do noso porteiro Esteban, deixanos con 3 xogadores durante dos minutos. Un dos datos positivos da xornada foi a boa defensa 4 vs 3 que planteamos en 12 metros. A partir de ahía agotamos o recurso de porteiro-xogador pero a lentitide nas transicions de balón e a impaciencia nos pases conseguen que o equipo locatarío sentencie o partido cun 7-4 que sabe realmente mal despois da boa imaxe presentada o martes pasado.
Merecida victoría a do Concello de Vilamartín, e dende aqui felicitalos tanto polo resultado coma polo comportamento mostrado.
O vindeiro sábado esperanos o Cidade de Orense, partido a priori moi complicado tanto polos resultados que amosa nas últimas xornadas, como polas baixas que seguiremos mostrando.

No hay comentarios: