Vistas de página en total

domingo, 13 de noviembre de 2011

VICTORIA TRABALLADA

Este sábado disputouse a 4ª xornada da terceira división de futbol sala que enfrentou o Concello de Orense e a Sociedade Deportiva Pazos. O comezo do partido manifestouse con varias opcións de gol para os nosos e con certo dominio de balón e saidas rápidas a contra que nos permitía xogar de maneira cómoda. Así pois, nos primeiros minutos establécese o 0-2 no marcador con goles de Manu, un deles de xogada de corner. A raíz destes goles o Concello de Orense decide subir a presión e apretar os nosos en toda a pista o que lle serviría para empatar o partido axudados por unha defensa desorganizada e lenta do Pazos. Co resultado do empate a 2-2 chegaríase o descanso.
O inicio da segunda parte nunha contra de 2 vs 1 Eloi é capaz de adiantar os nosos. O esforzo físico é a rapidez que impuxo no xogo o equipo locatario consegue meter a defensa do equipo en 12 metros creando dudas e certos problemas con pases directos de banda a banda que facían desgastar a nosa defensa. Aproveitado unha vez máis unha contra volvemos a servirnos da estratexia para facer o 2-4 en xogada de corner. Resultado que dura pouco xa que na seguinte xogada e ante un novo erro defensivo o Concello de Orense acurta distancias cun pase entre líneas e un remate o segundo que fai o 3-4.
Cando o equipo local se sentía máis cómodo e cunha maior posesión, Lito, a pase de Rober consegue poñer o 3-5 e a partir deste momento o Concello de Orense decide agotar a opción de porteiro xogador. Trás varias trasicións e coa nosa defensa desgastada, o Concello de Orense establece o definitivo 4-5 co que se chegaría o remate do partido.
Victoría moi traballada esta, despois das baixas de xogadores importantes como Jacobo, por sanción, e Eloi por lesión (este último xogou un total de 5 min.).
O próxino sábado visitanos o Bembrive equipo que se encontra na primeira posición e que a priori é o claro favorito o título desta 3ª división do noso futbol sala.
Quinta xornada S.D. Pazos F.S. - Bembrive as 19:00 Hrs. no Municipal de Pazos.

No hay comentarios: